Galicia
Folga estudantil contra o cambio climático
Chaman á xente moza a mobilizarse o venres, 27 de Setembro.
Desde Erguer Estudantes da Galiza fanse eco das reivindicacións sociais que loitan contra o cambio climático. "Somos conscientes da grave situación na que se atopa a sociedade e o planeta, xa que o esgotamento dos recursos, a alteración do clima, o exterminio de ecosistemas e a elevada contaminación ambiental son problemas reais aos que os grandes poderes fan oídos xordos a prol dos inamovibles intereses económicos, retroalimentando a pobreza e desigualdade social" explican.
Ademais denuncian "o interese en poñer o foco de atención nas consecuencias da crise climática (incremento das temperaturas, seca, escaseza de recursos, destrución da biodiversidade, ameazas para a saúde) e non nas súas causas: sistema económico Capitalista. O colapso ecolóxico é inevitable no Capitalismo, e por iso esiximos que a loita polo clima non sexa doutro xeito que unha loita anticapitalista".
"Sabemos que cada acción individual é importante e contribúe ao cambio colectivo, pero o cambio colectivo non é suficiente se non vai da man dunha revisión estrutural, e viceversa. Calquera emprego abusivo de recursos débese á sociedade de consumo que nos impón o sistema. Rexeitamos a hipocrisía das grandes corporativas ecoloxistas e sanitarias e das empresas que se camuflan tras o enfoque neoliberal do “capitalismo verde”, e o seu ecoloxismo de escaparate, que silencian cos cartos o problema de raíz, e nada resolven. Temos o exemplo co que se permite o espolio enerxético na nosa terra, danando a nosas paisaxes, con fontes pseudoecolóxicas que nada teñen de alternativo mentres tamén pertenzan a grandes empresas como Iberdrola ou Acciona" aseguran.
Tamen sinalan que é "máis que necesario reivindicar a realidade de Galiza. As políticas que se veñen dando desde sempre na nosa terra son as responsables de que exista unha pésima xestión dos recursos, de que ardan os nosos montes, do esgotamento e contaminación das nosas rías, do abandono do rural e da gandería e agricultura sostible e extensiva. Obrigan a reducir o consumo de proximidade con competencia desleal, condenan á precariedade ás traballadoras dos sectores de produción máis sustentables e fannos deixar os nosos cartos fóra da nosa terra e nos petos dos donos das empresas monopólicas que beben dunha salvaxe explotación humana, animal e do medio".
As estudantes poñemos en valor a importancia de tomar conciencia e participar desta loita, chamando á xente moza a mobilizarse o venres, 27 de Setembro.
As mobilizacións serán en
Lugo 12:00 Praza Horta do Seminario
Ourense 12:00 Facultade de Ferro
Moaña 12:00 Praza do Concello
Pontevedra 12:00 Praza da Peregrina
Compostela 19:30 Praza do Matadoiro
Vigo 11:00 Praza do Concello
Ferrol 12:00 Praza Amada García
A Coruña 20:00 Xardíns Méndez Núñez

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49