Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 30 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán abre o prazo de inscrición para dous cursos gratuítos de 'Tecendo Lazos'

Trátase de 'Campionato de xogos con risas aseguradas' e “Manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados”, dirixidos a empadroados en Nigrán de tódalas idades

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza os cursos “Campionato de xogos con risas aseguradas” e “Manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados” no contexto do programa Tecendo Lazos, sendo o prazo de inscrición dende o luns 30 de setembro ao 18 de outubro. Ambos son gratuítos.

 

Os cursos terá unha duración de 16 horas e desenvolverase nas seguintes datas e lugares:

 

  • “Campionato de xogos con risas aseguradas”. Lugar de impartición: Centro da 3ª Idade. Datas de impartición: do 6 de novembro ata o 27 de novembro (mércores e venres). Horario: das 17:00 horas ás 19:30 horas

 

  • “Manualidades de moldeado e pintado con obxectos reciclados”. Lugar de impartición: Local da Asociación de veciños de Priegue. Datas de impartición: do 4 de novembro ata o 5 de decembro (luns e xoves). Horario: das 18:00 horas  ás 19:30 horas

 

Os cursos está destinados prioritariamente á persoas empadroadas en Nigrán. Terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 6 anos.

 

As persoas interesadas deberán presentar a solicitude  no rexistro xeral do Concello acompañada da seguinte documentación : fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor (menores de 12 a 17 anos non acompañados) e fotocopia de volante de empadroamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.