Viernes, 23 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 29 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP tacha de "derroche" os 800.000 euros en "renting" do Concello

Tamén critican "o pago dun Mini Cooper, un Renault Megane RS 221 CV e tres monovolumen para concelleiros e técnicos"

Ante o comunicado emitido hoxe polo Goberno Municipal do Porriño en relación á ampliación do parque móbil municipal, o grupo municipal do Partido Popular explica que  "o Concello do Porriño tramitou a licitación do arrendamento de 25 novos vehículos, en cinco lotes que suman un montante de 627.000 euros".

 

Nun comunicado desvelan que "entre os vehículos que formarán parte da flota municipal atópanse un Mini Cooper, destinado  á concellería de Cultura, e 2 Peugeot 308 para a Alcaldía por un importe de 83.780,40 euros".

 

O Concello tamén se fará con 2 Renault Master Combi 6 e un Renault Master Furgón (86.394 euros),  3 Seat Ateca SUV 110 KW (83.780,40 euros)  e 15 furgonetas máis (323.068 euros) destinadas aos departamentos de Parques e Xardíns, Vías e Obras, Urbanismo, Deportes e Notificación.

 

"Completa a licitación un novo vehículo para a Policía Local, concretamente un Megane RS 211 CV (50.578 euros)  que non se rotulará e equiparase con sistemas ocultos de luces e serea" explican dende op Partido Popular. 

 

Nun comunicado aclaran que "é completamente FALSO que este derroche supoña aforro algún. O gasto en vehículos de renting por parte do Concello do Porriño neste ano aproxímase aos 800.000 euros, xa que hai que sumar o renting por catro anos o Volkswagen Golf GTI (55.500 euros) e un Citroen DS Híbrido (55.200 euros) ambos tamén por un periodo de catro anos, para a Policía Local que conta tamén cun Citroen C4, Citroen C3 e outro Megane".

 

"A estes vehículos, e a este gasto, habería que sumar o de mantemento e uso dos xa existentes no parque móbil municipal, entre os que se atopan o Mazda 3, o Volvo  ou o Ssanyong Actyon a disposición da Alcaldía" sinalan.

 

O Partido Popular do Porriño amósase "dacordo e non pon obxección algunha a renovar vehículos dos departamentos de Vías e Obras e Parques e Xardíns, pero cabe reseñar que se adquiriron estes vehículos para mantelos aparcados nas instalacións municipais, pois, hai moitos máis coches que persoal municipal".

 

Sinalan que "é indigno que na situación económica na que este Goberno Municipal sumiu ao Concello do Porriño tenten xustificar este despilfarro en coches oficiais cargando contra o Partido Popular. Poden publicar cantas veces queiran os gastos do goberno popular hai dez anos, non temos nada que agochar. Pero invitamos á Alcaldesa a que, en aras de non enganar unha vez máis á cidadanía, faga públicas as cifras de gasto de mantemento da flota municipal, dietas, seguros e combustible dos últimos cinco anos".

 

Dende o PP tamén sinalan que non"vai a aplaudir un derroche de diñeiro público en adquirir un coche para cada concelleiro nen máis coches para a Alcaldía. Nun tempo en que se esixe responsabilidade e exemplaridade dos nosos responsables públicos non imos dar barra libre de catro rodas para os concelleiros e concelleiras socialistas que, de xeito público e notorio, fan un uso persoal dos vehículos oficiais".

 

Por último indican que "se ben nos pliegos se incluían criterios de responsabilidade ambiental como baremos para a adxudicación, estes termos non foron tidos en conta á hora de decantarse por unha oferta. A nova flota municipal non contribúe en ningún caso á reducción de emisións de CO2, téndose valorado máis a criterios como a potencia dos vehículos".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.