Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 27 de Septiembre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva reivindica a necesidade de impulsar proxectos ligados á "economía azul"

“Estamos nunha emerxencia climática”, subliñou Carmela Silva quen manifestou o “compromiso total e absoluto do goberno provincial coa transición ecolóxica”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta mañá xunto ao reitor da Universidade de Vigo, a conselleira técnica do Ministerio de Asuntos Exteriores, a dirctora xerente do CETMAR e o tenente de alcalde de Baiona, no workshop Foro Atlántico celebrado en Baiona para reflexionar e debater sobre cuestións relacionadas coa biotecnoloxía, pesca, acuicultura, enerxías oceánicas, resiliencia costeira e economía azul. A presidenta provincial aproveitou o día de hoxe, no que tamén se celebra a folga mundial polo clima, para reivindicar que “estamos nunha emerxencia climática” e é preciso “rachar co actual modelo económico baseado no consumo irracional e impulsar proxectos ligados á economía azul”. Neste eido, Silva manifestou o “compromiso total e absoluto do goberno provincial coa transición ecolóxica, con xerar outro mundo, outra economía que nos permita vivir en contornas máis saudables e respectuosas”.

 

“Hoxe, venres, está a haber manifestacións en todo o mundo que reclaman ás políticas e políticos, ás administracións e ao conxunto da sociedade respostas que solucionen os interrogantes do mundo que estivemos construíndo no século XX”, destacou Carmela Silva.  A presidenta provincial reivindicou que “non podemos seguir con este modelo económico de consumo irracional, que está a xerar xa cinco illas de plástico nos oceános, que está a xerar acidez nos mesmos… E non hai vida sen os océanos e polo tanto a economía non pode mirar a outro lado”.

 

Precisamente en canto á economía azul, a presidenta da Deputación destacou que se trata dun concepto “que ten unha importante incidencia no desenvolvemento económico e na xeración de emprego”. Por estes motivos, para Silva “temos que apostar pola economía azul, que fala de todas as actividades ligadas co sector pesqueiro, pero tamén co turismo de costa e con todas aquelas actividades relacionadas co mar que nos van permitir mellorar as nosas contornas. Falamos dunha obriga ética, política e económica, precisamos deixarlles ás vindeiras xeracións un mundo no que poidan vivir”.

 

Para a presidenta provincial as xornadas desenvolvidas hoxe en Baiona son ferramentas de utilidade para “reflexionar todas as administracións, de xeito conxunto, da man do coñecemento e da intelixencia para tomar decisións intelixentes que nos permitan avanzar da man de proxectos ligados á economía azul”. Deste xeito Silva agradeceu ao equipo de apoio do Plan de Acción do Atlántico a posta en marcha do workshop que contribuirá a “lanzar propostas, proxectos de futuro e ideas diferentes e alternativas para poder resolver esta situación de emerxencia climática”.

 

O workshop “Retos Atlánticos” que se celebrou hoxe centralizou en Baiona a todos os actores do sector mariño e marítimo a nivel nacional, así como profesionais da investigación e da tecnoloxía, que puxeron en común as súas ideas e visibilizaron os seus proxectos centrados na biotecnoloxía azul, pesca, acuicultura, enerxías oceánicas e resiliencia costeira. Tamén se presentaron os desafíos en materia de economía azul e o mecanismo de apoio do Plan de Acción do Atlántico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.