GALICIA
Os Días Azuis do Comercio Galego impulsarán do 1 ao 20 de outubro as vendas
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou esta semana na presentación da campaña, que a Xunta impulsa en colaboración coa Federación Galega de Comercio
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou este pasado venres na presentación da edición de outono dos Días Azuis do Comercio Galego, que se celebrará do 1 ao 20 de outubro. Con esta iniciativa búscase impulsar as vendas do comercio de proximidade e poñer en valor o importante papel económico e social do sector.
Durante a celebración da iniciativa, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros
Tal e como se sinalou na presentación, na que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e o director de Red Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; a que é xa a cuarta edición dos Días Azuis do Comercio Galego contará coa colaboración dos establecementos de máis de 100 asociacións e centros comerciais abertos de toda Galicia.
Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49