SALVATERRA DE MIÑO
Marta Valcárcel valora os primeiros 100 días de goberno en Salvaterra
A Alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, ven de facer a valoración dos dos seus primeiros 100 días de goberno ao frente do consistorio.
"100 días que deron para moito, un equipo que conta con caras novas, un equipo renovado e con moitas ganas, comprometido co seu pobo e que nestes primeiros 100 días empezaron a marcar a súa liña de traballo" sinala.
Valcárcel asegura que" prima a educación, un ano máis concedéronse os premios á excelencia académica, para os mellores expedientes de primaria e secundaria con lotes informáticos e estadías en Inglaterra para as tres mellores notas de bacharelato. Realizáronse diversas obras de reformas nos centros educativos, mellorouse o acceso ao IES Salvaterra para incrementar a seguridade dos rapaces e rapazas que se desprazan todos os días e xestionouse o cambio de tellado do CEIP Carlos Casares. No eido da educación tamén se fixeron obras para acondicionar a aula matinal no CEIP de Leirado e empezáronse os trámites para a ampliación da Escola Infantil de 0 a 3 anos que permitirá aumentar a oferta de prazas".
Por outro lado, explica, "solicitóuse e estase xa a traballar na mellora da rotonda da PO 403 que da acceso ao Polígono Industrial Chan da Ponte que une Salvaterra con Ponteareas. Adxudicouse a obra de mellora de firme do pavillón de Leirado, firmouse o contrato coa nova empresa que xestiona axuda a domicilio, xa xestiona máis de 2.700 horas mensuais. Rematáronse tres tramos de saneamento en Arantei e Fornelos, melloramos a accesibilidade na Casa de Cultura de Salvaterra de Miño coa instalación dun salvaescaleiras, adxudicarase nestes días as obras de arranxo de tres camiños en Lourido, Fornelos e Meder a través do Plan camiños da Xunta. Estamos tramitando o cambio de tellado e ventanas no antigo concello para empezar a preparar ese edificio para a biblioteca municipal, adxudicouse nestes días o proxecto Deporrense da Deputación para a instalación de reductores de velocidade nas estradas municipais, ademais da mellora de firme na PO 400 e asinouse un convenio coa Deputación para tomar medidas de mellora de eficiencia enerxética con diferentes accións como o cambio de alumeado no casco urbán e na Fortaleza por bombillas de led ou o cambio das caldeiras de gasóleo por outras de biomasa en diferentes edificios municipais".
Deu conta ademáis do inicio dos contactos para a mediación e creación de polígonos agroforestais e aldeas modelos con Medio Rural "e así frear o impacto que ten no noso municipio o abandono do rural".
"Nestes días estamos tamén pondo en marcha unha campaña de sensibilización e educación no respecto ao medio ambiente, a través dos nenos e nenas do municipio, coa campaña Salvaterra Verde – Salvaterra Limpa, que intenta disminuir o impacto das bolsas de plástico no noso municipio" explica a alcaldesa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136