Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 03 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

As Neves acolle a ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’

Cun programa que empeza este xoves e abrangue distintas actividades durante nove días

O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12.


Segundo sinala o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma  gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.


Con esta idea, o  vindeiro xoves, terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catro mans’, ás 21:30h,  no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.


O sábado, día 5, ás 16:30 h,dende a Praza do Concello, sairá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.


Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5€.


O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00h. ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.