Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 02 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

David Regades considera escandaloso que a Xunta active os plans de emerxencia dos encoros "con 23 anos de atraso"

O secretario xeral provincial dos socialistas rexeita que o Goberno galego que se teña desentendido de desenvolver os protocolos de seguridade e de informar á poboación ata o de agora

O PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra expresa a súa perplexidade polo anuncio da Xunta de Galicia de novos pasos para a posta en marcha dos obrigados plans de emerxencia de catro encoros da provincia de Pontevedra: A Baxe (Caldas de Reis), Eiras (entre Ponte Caldelas e Fornelos de Montes e que abastece á cidade de Vigo e a súa área), O Con (que abastece a área de Vilagarcía) e Baiona.


O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 24 de setembro a declaración de urxente ocupación dos terreos necesarios para a instalación dos elementos de xestión das emerxencias relacionadas cunha posible rotura ou avaría nos encoros, como salas de xestión ou sistemas acústicos. "Unha obra que, a pesar do atraso acumulado, financia con fondos Feder" explican.


O secretario xeral dos socialistas pontevedreses, David Regades, critica "o desleixo na protección da poboación, pois a lexislación que obriga a aprobación destes planes data do ano 1995 (Directriz Básica de Planificación de Protección Civil ante el Riesgo de Inundaciones) e de 1996 (Reglamento Técnico de Seguridad de Embalses)".

 

“Chegan con 23 anos de atraso, dando un exemplo pésimo por parte dunha Administración que se apresura a multar a outras Administracións, empresas e cidadáns cando incumpren prazos en asuntos de moitísima menos importancia”, afirma.


"A propia Xunta de Galicia, engade, cualificou no ano 2002 os encoros da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa nas tres categorías de seguridade aplicables: A (as que poden, en caso de accidente afectar gravemente a núcleos urbanos ou servizos esenciais ou producir danos medioambientais moi importantes), B (as que poden causar repercusións importantes ou afeccións a un reducido número de vivendas) e, finalmente, C (as susceptibles de causar danos de moderada importancia). Dado que as catro presas mencionadas teñen categorías A ou B deberían ter contado con Plan de Emerxencia en vigor dende hai 23 anos para informar adecuadamente dos protocolos de seguridade, o que significa que a Xunta de Galicia desentendeuse non só das súas obrigas, senón da protección da poboación que vive augas abaixo" explica.


Os plans de emerxencia son competencia exclusiva da Xunta de Galicia, a través do organismo Augas de Galicia, previo informe da Comisión Galega de Protección Civil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.