PROVINCIA
Carmela Silva compromete o apoio ao Congreso “Ccción e implicación” de “Empresarias de Galicia”
A presidenta provincial, que mantivo un encontro de traballo coa presidenta e vicepresidenta da asociación esta mañá, amosou sentirse “moi orgullosa deste colectivo que é xa un gran punto de encontro das mulleres do sector da economía”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, mantivo esta SEMANA unha reunión coa presidenta e vicepresidenta de “Empresarias de Galicia”, Susana Pérez e Mar Ferrero, para abordar liñas de colaboración entre ambas institucións. Deste xeito, a presidenta comprometeu xa o apoio do goberno provincial ao congreso “Ccción e implicación” organizado por “Empresarias de Galicia” e previsto para o 6 e 7 de novembro.
Carmela Silva manifestou que “imos apoiar ao congreso, no que teremos ademais unha ponencia, xa que se trata dun foro fundamental para que se visibilice que, no mundo da empresa, da economía, hai mulleres, moi potentes, con moitas ideas para cambiar o mundo e novos modelos de xestión”. Neste eido, a Deputación de Pontevedra terá tamén un stand informativo durante os días do congreso, no que se divulgarán os programas da institución provincial relacionados coas novas tecnoloxías e o marketing dixital, así como igualdade, empresa, formación, medioambiente e ODS, etc.
Ademais, a presidenta aproveitou a ocasión para enxalzar tamén o papel de “Empresarias de Galicia” ás que se referiu como “un gran punto de encontro das mulleres no sector da economía e da empresa”. Ao respecto, Silva subliñou que na súa curta vida organizaron “xa catro edicións dun congreso que se renova ano tras ano e que, este ano, como novidade, inclúen tamén unha xornada con outras asociacións”.
Pola súa banda as directivas de “Empresarias de Galicia” amosaron o seu agradecemento á Deputación de Pontevedra “que confiou no congreso de Empresarias de Galicia desde a primeira edición, aínda cando este era soamente un proxecto. Este tipo de accións e apoios amosan o compromiso fiel da Deputación a favor da igualade”. Ademais, as directivas tamén puxeron en valor a reunión, “moi produtiva”, na que se falou de emprendemento, mentorización, igualdade e unión.
“Acción e implicación” trátase da cuarta edición do congreso organizado por “Empresarias de Galicia” os días 6 e 7 de novembro (9 a 18.30 horas) na sede de Afundación en Vigo. Ao longo destas xornadas haberá obradoiros, networking, debates, ponencias e stands nos que se falará de jobcrafting, do impulso das vendas, da xestión do tempo, de novas tecnoloxías, de e-mail marketing e marketing dixital. Está previsto que participen, ademais doutras conferenciantes, Belén Varela (profesora de Dirección Estratéxica de Persoas e directora de RH Positivo) , Úrsula Seijas (consultora de vendas), Natalia Sanchidrián (autora e experta en liberación emocional) e Chelo Domínguez (directora de GKN).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87