Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:23:43 horas

Xornal21.es
Domingo, 06 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui remata tres obras do Plan Concello 2017

Trátase do arranxo das cubertas do patio do Cárcere Vello, un muro de contención en Guillarei e un módulo con 48 novos nichos no cemiterio municipal

O Concello de Tui vén de recepcionar nos últimos días tres obras executadas ao abeiro do Plan Concello 2017 que en conxunto supuxeron un investimento de 88.500 €.


Un dos proxectos realizados consistiu nunha intervención nas cinco cubertas situadas no patio do Cárcere Vello na Sanz, onde se realizou unha actuación tanto a nivel construtivo como estético.  Supuxeron un investimento de 21.959,51 € e foron executados por Construcciones Cohemara 2005 S.L. O proxecto tivo coma finalidade corrixir tanto o deterioro que presentaban estas cubertas, así coma os problemas estruturais e de filtracións de augas que presentaban. Na actuación executada mantivéronse as ménsulas e piares de pedra que dan soporte as estruturas de cuberta e foron substituídos os elementos en mal estado ou aqueles que non eran axeitados como o baixo tella de fibrocemento con amianto, colocándose outro máis axeitado que foi cuberto cun friso de madeira para evitar que sexa visible. Reutilizáronse todas as tellas posibles para manter o valor cromático que entoa co resto do conxunto.  Amais colocouse unha chapa de chumbo para evitar as filtración e abriuse unha canle de pedra para embeber esta chapa.


Outro dos proxectos executados foi a construción dun muro de contención en perpiaño sobre zapata de formigón armado na nave municipal de Guillarei.  Foi executado pola empresa Construcciones Vale S.L.   cun investimento de 25.103,41 €. En concreto as obras realizadas tiveron por obxectivo a construción dun muro de contención de terras que deslinda o Centro Municipal de Formación co Punto Limpo, considerada unha obra necesaria para contención de terras e por seguridade nas instalacións municipais existentes.


Por ultimo o proxecto de maior importe, 41.414,07€, refírese á construción dun módulo de 48 sepulturas a bases de nichos no cemiterio municipal. En concreto o módulo realizado consta de 8 filas paralelas con 3 nichos por altura. A actuación foi executada pola empresa Construcciones Antonio González Lago, S.L.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.