Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 05 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP recurre ao contencioso o contido do pleno extraordinario do 26 de agosto

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 2 de Pontevedra, ven de admitir a trámite o recurso interposto polos populares contra o Concello do Porriño por vaciar de contido o pleno extraordinario do 26 de agosto

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 2 de Pontevedra, ven de admitir a trámite o recurso interposto polos populares contra o Concello do Porriño por "vaciar de contido o pleno extraordinario, convocado para o 26 de agosto a instancia do PP", no que se instaba á revisión de oficio dos máis de 5 millóns de euros en facturas irregulares que, a día de hoxe, se adeudan a provedores.

 

"Pese ás advertencias do Secretario Municipal durante a sesión de que se estaban a vulnerar os dereitos dos concelleiros e concelleiras do grupo municipal do Partido Popular, a rexedora, co apoio dos concelleiros de PSOE, BNG, EU SON e o concelleiro do grupo mixto Manuel Carrera, impediu que se incluira ningún punto na orde do día alegando que estes non se tiñan dictaminado en comisión informativa" sinalan dende o PP.

 

"A lei de Réxime Local configúralle aos solicitantes do pleno o dereito de participación política que non pode quedar cercenado porque se omitiu un requisito procedemental, é dicir, o pleno ten que celebrarse", informou o Secretario Municipal, "A Alcaldesa tomou unha decisión e o que lle quero lembrar a todos os corporativos é que o inconveniente formal polo que non se celebra o pleno é a non convocatoria de comisións informativas e esa omisión realizouna a propia Alcaldía. É dicir, xerouse aquí un inconveniente formal, un obstáculo procedemental para non celebrar o pleno, por aquelas mesmas persoas que teñen a obrigación de garantir que se realice".

 

 

 

 

O PSOE, coa complicidade de BNG, EU SON e Manuel Carrera, evita render contas ante a cidadanía dos máis de 5 millóns de euros de facturación pendente de pago a provedores

 

 

 

 

"Con todo, Eva García de la Torre, deu por celebrada a sesión sen que se tratara ningún dos puntos. Nós puxemos todos os medios, estamos aquí e entendo que o pleno sí se celebrou", apuntou, "Como non se dictaminara se dictamina neste momento pola vía de urxencia, entendemos que non hai urxencia nos puntos que se celebra e ese foi o contido do pleno. A rexedora foi máis alá e adiantou que se ían a opoñer á celebración dun novo pleno con este mesmo argumento" explican.

 

"Actitudes como a que amosan Eva García de la Torre e os concelleiros que a respaldaron demostran que hai quen antepón os intereses políticos, e incluso os seus persoais, aos intereses dos cidadáns aos que se deben como integrantes da corporación local", apuntou o portavoz dos populares, Alejandro Lorenzo, "Fan gala dun proceder absolutamente antidemocrático, están vulnerando o dereito dos cidadáns a participar nos asuntos públicos por medio dos seus representantes libremente elexidos. Queren evitar render contas ante a veciñanza e non o imos a consentir".

 

Facturación "irregular"

"A desesperada actuación do Goberno Municipal e dos seus socios responde á necesidade de evitar, a toda costa, que se investiguen os máis de 5 millóns de euros de facturación correspondente aos anos 2016, 2017 e 2018 pendente de pago. Falamos de facturación irregular que non foi fiscalizada: facturas rexeitadas de maneira sistemática, agochadas "no caixón" para evitar dar conta da contratación irregular, a dedo ou efectuada sen contar con partida orzamentaria. Moitas delas, manipuladas para evitar a fiscalización" indican os populares.

 

No último pleno, a rexedora chegou a asegurar que "no seu momento cando se devolveron algunhas facturas era por que non sabíamos si se estaba falando dun precio de mercado ou non, porque non tiñamos un técnico que nos puidera informar sobre esta prestación" explican os populares engadindo que é "un sinsentido que desdice o que veñen defendendo os últimos anos e que choca de frente coa negativa do Goberno Municipal a revisar esta facturación. Nada teme quen nada esconde, así de simple. Para Eva García supón un problema que se inicie unha investigación sobre estas contratacións máis non parece supoñerlle un gran problema que os provedores leven anos sen cobrar.", sentenzou Lorenzo.

 

Neste sentido, aclaran que "a facturación pendente de pago non foi levada a pleno para o seu recoñecemento".

 

 

 

 

Os populares solicitan que se leve a pleno a totalidade da facturación

 

 

 

 

"A Alcaldesa leva a pleno agora unha modificación orzamentaria por importe de 1.781.923,54 euros cando se deben máis de 5 millóns, poñendo de manfiesto a falta total de prelación de pagos do Concello do Porriño ao seleccionarse de forma totalmente arbitraria e inxustificada as facturas a pagar".

 

"Como vimos denunciando, unhas empresas cobran e outras non, a decisión da Alcaldesa", continuou Alejandro Lorenzo, "Este expediente non é máis que un novo intento de eludir calquera responsabilidade. Deste xeito non se fiscaliza a aprobación do gasto". Con tal motivo, os populares solicitarán "que se determine polo órgano competente a revisión de oficio das facturas existentes na conta 413 do Concello do Porriño que suman 4.874.541,63 euros, a fin de determinar a veracidade da prestación dos servizos, obras ou subministros, se se axustan ao prezo de mercado e o procedemento levado a cabo para a súa contratación".

 

"Solicitamos que se leve a cabo a revisión de oficio e se elabore a correspondente proposta de Crédito Extraordinario e Recoñecemento Extraxudicial para pagar á totalidade dos provedores que prestaron servizos ao Concello, non só aos elexidos e moito menos, hai que decilo con claridade, a quen non se acredite que realizara os traballos", conclúe Lorenzo, "O que está a acontecer no Concello é moi grave e non imos a escatimar esforzos nen medios á hora de poñer freo a estas prácticas e dar a coñecer ás veciñas e veciños do Porriño á verdade".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.