Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 04 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos pechará o 2019 con 5 millóns de euros de débeda bancaria

A fianis de 2018 a débeda ascendía a 6.771.743,99 euros e en decembro deste ano alcanzará os 5.387.030,37 euros, polo que a amortización anual é de 1.384.713,62 euros

Con motivo da vindeira aprobación en Pleno da Corporación Municipal da Conta Xeral de 2018, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Contratación e Transparencia, Alberto Méndez, informaron da reducción da débeda bancaria municipal, que alcanzará este ano o 1.384.713,62 euros, pasando de 6.771.743,99 euros a data 31 de decembro de 2018, a 5.387.030,37 euros a finais deste mesmo ano. Este dato ven aportado por un Informe de Tesourería que o certifica.

 

Esta reducción de débeda foi posible, segundo explicaron os representantes municipais, Arévalo e Méndez, “grazas a unha xestión responsable e eficiente da Facenda municipal baseada na amortización inmediata, en non recurrir a ningunha operación de préstamo bancario, en optar por recorrer a fondos propios para a acometida de proxectos e obras e, sobre todo, en facer unha moi boa xestión de solicitude de subvencións a outras administracións para aliviar a carga de gastos municipais e evitar ter que solicitar créditos bancarios”.

 

 

 

 

A a débeda media por habitante redúcese en 88,23 euros, pasando de 444 a finais de 2018 a 355,77 euros ao remate de 2019

 

 

 

 

E é que durante o presente ano 2019 o importe das subvencións solicitadas e concedidas ao Concello de Mos aproxímase aos 3 millóns de euros. Ascende exactamente a 2.749.604,47 euros que serven para financiar maiores gastos dos inicialmente presupostados. O 59,59% desas subvencións financia gastos de inversión.

 

Ademais Nidia Arévalo e Alberto Méndez informaron de que “o equipo de goberno xa estamos traballando na elaboración do orzamento municipal para o vindeiro ano 2020 con esta mesma tendencia baseada en tres liñas fundamentais: xestión para a obtención de subvencións das administracións supramunicipais, austeridade dende o punto de vista do gasto e consolidación da tendencia de reducción da débeda bancaria, sen contemplar nin incluír a solicitude de ningún préstamo”.

 

Por último rexedora local e edil de Facenda anunciaron a boa nova de que, xunto coa débeda bancaria, redúcese tamén por conseguinte a débeda per cápita por habitante que pasa de 444 euros a finais do ano 2018, a 355,77 euros ao remate do presente 2019 (88,23 euros menos por persoa).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.