Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Xornal21.es
Martes, 08 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A concellería de Consumo ofrecerá unha charla sobre produtos financieros

Hoxe martes día 15 ás 17:30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal

[Img #56849]A concellería de Consumo, que dirixe a tenente de alcalde Cristina Fernández, a través da Oficina do Consumidor (OMIC), organiza unha charla sobre produtos financeiros co obxectivo de ofrecer información e evitar posibles incidencias á hora de contratar produtos bancarios.


Con motivo do día da educación financeira, 5 de outubro, dende a OMIC queren concienciar a todos e a todas da importancia de ter coñecementos básicos en temas de finanzas (hipotecas, tarxetas, inversións) para mellorar a nosa relación coas entidades financeiras.


Deste xeito o vindeiro martes 15 de outubro ás 17:30 horas a concellería de Consumo ofrece a charla “Información sobre produtos financeiros” impartida por ADICAE (Asociación de Impositores e Usuarios de Bancos,  Caixas e Seguros) enmarcada no plan de educación financeira avalado pola Comisión Internacional do Mercado de Valores (CNMV) e o Banco de España.


Na sala multiúsos do auditorio municipal explicarase que é unha cláusula suelo, que son os gastos hipotecarios ou o IRPH, ademais dos nosos dereitos e dos nosos deberes e obrigas cando contratamos determinados produtos.


A concellería de Consumo ofrecerá totalmente de balde esta charla na que adquirir coñecementos que nos permitan negociar mellor e entender con claridade os termos financeiros máis básicos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.