GALICIA
Catorce clubs náuticos galegos contan coa certificación Galicia Calidade
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu onte en Sanxenxo á entrega das distincións
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou onte, na entrega das certificacións de Galicia Calidade a 13 clubs náuticos e a Ausnauga que este distintivo confirma que a Comunidade é un referente turístico. O selo de Galicia Calidade foi concedido nun acto celebrado no Real Club Náutico de Sanxenxo no que tamén participou a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Galicia Calidade, concedeu a licenza de uso da súa marca de garantía ás instalacións náutico deportivas do Club Náutico Boiro-Marina Cabo de Cruz (Boiro), Club Náutico Sada (Sada), Club Náutico de Ares (Ares), Club Naútico de Portonovo (Sanxenxo), Real Club Náutico de Ribadeo (Ribadeo), Real Club Náutico de Vigo (Vigo), Real Club Náutico de Portosín (Porto do Son), Real Club Náutico de Rodeira (Cangas), Real Club Náutico de Sanxenxo, Real Club Náutico da Coruña, Club Náutico Deportivo de Ribeira, Club Náutico de San Vicente do Mar (O Grove) e Monte Real Club de Yates de Baiona, ademais de Ausnauga.
Os clubs náuticos de Boiro, Sada, Ares, Portonovo, Ribadeo, Vigo, Portosín, Rodeira, Sanxenxo, Coruña, Ribeira, San Vicente do Mar e Baiona únense ao Náutico de Sanxenxo, que xa contaba coa distinción
Os 13 clubs náuticos únense ao Nauta Sanxenxo que xa contaba con esta distinción que acadaron tras superar os requisitos establecidos pola marca de garantía da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A marca de garantía galega avala deste xeito a calidade das instalacións náutico deportivas de Galicia, que lidera o número de náuticos con Q de Calidade Turística de España, con seis de cada dez instalacións certificadas.
Tal e como subliñou Conde, o traballo destes clubs, que a partir de agora serán “embaixadores” da Comunidade, achega valor engadido ás súas vilas como referentes lúdicos e deportivos e ofrecen formación teórico-práctica nunha ampla gama de deportes náuticos como vela, remo ou pesca submarina: “Traballaremos xuntos para que a nosa imaxe chegue o máis lonxe posible”, afirmou.
A presidenta de Portos de Galicia, pola súa banda, destacou que o ente público vai traballar para que aos clubs náuticos que xa contan co distintivo Galicia Calidade se sumen outros da comunidade. “Estamos convencidos das potencialidades do sistema portuario galego e está nos nosos plans seguir mellorando as infraestruturas dos nosos peiraos”, salientou Susana Lenguas, que lembrou que os portos náuticos galegos obtiveron boas cifras de tránsitos o ano pasado ao recibir por primeira vez máis de 10.000 embarcacións náutico-recreativas.
Galicia lidera o número de náuticos con Q de Calidade Turística de España, con seis de cada dez instalacións certificadas
Os clubs náuticos que se incorporan á plataforma Galicia Calidade Lecer avalan a aposta de Galicia Calidade e da Xunta por impulsar o turismo de calidade en Galicia e promocionar a nosa comunidade como destino náutico de referencia. Galicia Calidade Lecer agrupa establecementos de ocio, restauración e hostalería de Galicia con calidade certificada. O seu obxectivo é impulsar a calidade como elemento que marque a diferenza respecto de outros destinos turísticos, xerar confianza nos consumidores e acadar maior visibilidade e valoración dos establecementos certificados.
Coas novas incorporacións, a marca de garantía de Galicia conta xa con 125 establecementos certificados de diferentes sectores. No caso dos establecementos de hostalería, deben contar tamén co selo Q de Calidade turística.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49