Sábado, 20 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán desbroza subsidiariamente unha finca de 8.000 metros

O Concello desbrozou ou talou 30.000 metros cadrados de 27 parcelas privadas con donos desconocidos ou que obviaron os requerimentos ante o risco de incendio

O Concello de Nigrán ven de desbrozar de maleza e de xeito subsidiario unha finca  privada con dono desconocido situada ao carón da rúa José María Pérez Alonso (núcleo de Nigrán), a maior ata a data ao contar con 8.000 metros cadrados de superficie. A mesma presentaba gran cantidade de especies invasoras (fundamentalmente herba da pampa) e contaba con numerosas denuncias de veciños próximos a ela e preocupados por se chegaba a arder. A acción forma parte da campaña do Concello de Nigrán para previr os incendios forestais e supuso xa a intervención municipal en 27 parcelas de tódalas parroquias con propietarios descoñecidos ou que non asumiron a obriga legal de manter a finca limpa pese a terlle sido requirido. En tódolos casos o Concello manterá os expedientes abertos para repercutirlles as custas a cada lexítimo dono.

 

A realización desta campaña supuxo a contratación por vía urxente dunha empresa de xestión da Biomasa, Arbogal, para que levase a cabo os traballos trala inacción da Xunta, coa que o Concello mantén un convenio a través de SEAGA que obriga a este organismo autonómico a asumir este tipo de acción. "Por responsabilidade decidimos intervir nos mesmos e non agardar máis", indica o rexedor, Juan González.

 

A oficina municipal de Medio Ambiente traballa cun total de 168 expedientes abertos por mor de denuncias veciñais sobre parcelas sen limpar, a maior parte destes procedementos remataao acceder os propios titulares a limpar.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.