Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 09 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño adquire 25 vehículos mediante “renting”

Onte realizouse o acto formal de entrega dos novos vehículos do parque móbil municipal ós diferentes servizos do Concello, dentro da operación de renovación que acometeu o goberno local.


No acto, ó que asistiron a concelleira de Seguridade e Fazenda, Lourdes Moure e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal,  entregaronse nove vehículos para os servizos de Vías e Obras, Parques e Xardíns, Deportes, Servizos Sociais e Urbanismo.


Entregaronse nove furgonetas “Peugeot” modelo “Rifter”, rotuladas e co escudo do Concello do Porriño.
Ainda restan por recibirse e entregar tres furgons máis grandes, marca “Renault” que serán adxudicadas ós servizos de Vías e Obras  e Parques e Xardíns.


Con anterioridade entregaronse os catro vehículos para desplazamentos do goberno municipal (3 “Seat” modelo “Ateca” e un “Mini”) e outros vehículos “Peugeot 308” para diferentes departamentos do Concello ata totalizar os 25 que forman parte desta operación de renovación do parque móvil municipal mediante “renting” por 4 anos.
Segundo informouse hai días, o Concello do Porriño licitou a renovación total do parque móbil do Concello para garantir a seguridade dos vehículos e dos traballadores municipais empregando criterios de eficiencia enerxética e aforro do gasto público.


Deste xeito determinouse un prego de condicións para renovar o parque móbil con 25 vehículos mediante concurso público que se iniciou con data 26 de marzo deste ano e rematou en setembro.


Na licitación estableceronse cinco lotes. Presentaronse un total de seis empresas, ningunha delas de Porriño. Eran da provincia de Pontevedra, doutras provincias galegas e tamén había firmas doutras comunidades autónomas.


Catro lotes foron gañados por “GrupiVazgle”, de Lugo e o restante pola firma “Rodosa”, de Vigo.


O parque móbil do Concello tiña unha media de 15 anos, pero hai vehículos que superan as dúas décadas de antigüidade. Especialmente o que atinxe os vehículos adscritos ó departamento de Vías e Obras que “teñen unha idade media de 25 anos cun evidente mal estado e obsolescencia”, segundo un dos informes técnicos recabados polo goberno municipal.


A meirande parte dos vehículos antigos serán subastados e os que non saian por ese procedemento, serán achatarrados.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.