Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 10 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Aprobada a contratación da mellora da seguridade vial en Inxertado

Hoxe celebrarase a sesión na que se abordará o procedemento de contratación da obra de optimización da Estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño

Imaxe de arquivo de Xunta de Goberno LocalImaxe de arquivo de Xunta de Goberno Local

O concelleiro de Contratación mosense, Alberto Méndez, informou de que hoxe será aprobado pola Xunta de Goberno Local o expediente de contratación da obra de mellora da seguridade viaria na Estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño ao seu paso por Inxertado, parroquia de Louredo. Por este vial transcorre parte do tramo do Camiño de Santiago Portugués ao seu paso por Mos.

 

A actuación, incluída no Plan Concellos, ten como obxectivo a mellora da seguridade viaria na Estrada Alto de Barreiro-Santiaguiño dende a capela do Santiaguiño ata o Camiño de Eira Grande. Trátase dunha obra moi necesaria debido ao deteriorado estado dos pavimentos, ocasionado pola acometida da rede municipal de saneamento e as roturas das canalizacións das traídas veciñais de auga que contan con máis de 20 anos de antigüidade e ocasionan a realización de reparacións e reposicións de asfalto puntuais.

 

A lonxitude do tramo a optimizar ascende a 940 metros e as obras a realizar serán: regularización da capa de rodadura coa aplicación de 1 cm de asfalto que regularice as zonas que presentan unha maior fisuración; recrecido, que consistirá na extensión dunha capa de rodadura de mestura bituminosa en quente, tipo formigón bituminoso de 5 cm de espesor, con áridos de desgaste estendida e compactada; e previa a extensión de dita capa, realizarase unha limpeza e barrido da superficie, para a posterior aplicación do rego de adherencia con emulsión asfáltica. Asemade, será necesario o recrecido das tapas das arquetas e dos pozos. Tamén será preciso pintar un paso de cebra existente.

 

O orzamento de execución por contrata, incluído o IVE, ascende a cantidade de 100.114,61 euros.
Posto que o Concello de Mos ten como obxectivo que o viario municipal se atope nas mellores condicións de uso, o que supón un garante na seguridade viaria, cada ano realiza un Plan Anual de Mellora de Viais Municipais acometendo unha batería de asfaltados de estradas e camiños.

 

A necesidade do contrato da mellora en Inxertado fundaméntase no obxectivo do mantemento do viario municipal en óptimas condicións para garantir así a seguridade viaria tanto de condutores coma de peóns. Polo que dende o Concello promóvese a devandita mellora. O procedemento de contratación realízase por procedemento aberto simplificado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.