Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Domingo, 13 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Trámites burocráticos impiden proxectos educativos entre Tomiño e Cerveira

Os centros educativos piden unha solución legal para poder realizar máis actividades na fronteira

Directores e representantes dos centros educativos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira explicaron esta semana , durante a segunda xuntanza organizada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (no marco do programa europeo “B-Solutions), do que tamén á promotora a Eurocidade Cerveira-Tomiño), cada un dos numerosos obstáculos e trámites burocráticos que deben sortear para poder organizar actividades conxuntas.


O experto designado pola Comisión Europea e a Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa (ARFE), José Manuel Sobrino (Catedrático de Dereito Internacional Público na Universidade da Coruña, especializado en Dereito Comunitario e en Organizacións Internacionais), puido deste xeito, tomar nota de boca dos afectados dos problemas aos que estes se enfrontan cada día  para levar a cabo actividades escolares transfronteirizas. Fíxoo acompañado polo director da AECT Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago e técnicos.


Simplificar os trámites para a mobilidade dos menores participantes en intercambios culturais, deportivos e educativos, utilizando o sentido común e todos os recursos legais existentes, foi a petición xeral dos docentes e directores dos centros educativos, quen explicaron en detalle diferentes casos cos que se atopan, lembrando que a maioría das actividades conxuntas ou intercambios entre o alumnado, terminan por non celebrarse, debido aos impedimentos existentes na actualidade.


O obxectivo é atopar vías para simplificar a mobilidade dos menores que, no ámbito de actividades escolares (excursións, visitas, etc.) ou extraescolares (música, deporte, idiomas, etc.), precisan cruzar a fronteira unhas horas sen a presenza dos seus pais ou titores legais. Na actualidade, este trámite necesario para, por exemplo, asistir á piscina municipal de Cerveira ou á escola de música de Goián (Tomiño), separadas por distancias cortas, é o mesmo que para pasar un mes en Alemaña ou calquera outro país europeo do Espazo Schengen.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.