VIGO
Caballero anima a participar na VII Carreira contra o cancro
O próximo domingo 20 de outubro Coia volverá a acoller a xa tradicional Carreira contra o cancro, que este ano alcanza a súa sétima edición. Na presentación, o rexedor animou á participación ademais de felicitar aos promotores dun evento deportivo e solidario moi consolidado na cidade
![[Img #56966]](https://xornal21.com/upload/images/10_2019/3310_1570622908091019carreracancer2.jpg)
Abel Caballero eloxiou aos promotores da VII Carreira contra o cancro que xa é unha cita consolidada dentro do calendario deportivo da cidade. O próximo 20 de outubro toda a cidadanía está invitada a participar en Coia nun evento solidario que destina os seus fondos a financiar o proxecto OCTOPUS, contra o cancro do pulmón, e a realizar actividades cos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro Cunqueiro.
Un ano máis, estableceranse dúas modalidades de carreira, unha de 5 km, non competitiva e que se pode facer camiñando, e outra, de 10 km (cronometrada e con premios), incluída no programa municipal de carreiras populares RUN RUN VIGO.
As inscricións poden formalizarse online en www.vigocontraelcancer.es ou de xeito presencial na planta de deportes de El Corte Inglés. A data tope é o 17 de outubro, sempre que non se chegue antes a 5.000 inscritos (número de participantes máximo).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49