GALICIA
O IGADI pon en marcha Camiños para o diálogo Oriente-Occidente”
A proposta ten como obxectivo promover as relacións de Galicia con China desde o diálogo entre o Camiño de Santiago e a Ruta da Seda como itinerarios para o encontro multicultural
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) promove a realización do proxecto “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente”, atendendo á sólida relación que mantén desde a súa fundación coa acción exterior oficial galega, con China e Asia.
A iniciativa, que se desenvolverá entre outubro do presente ano e abril de 2020, enmárcase no programa “O Teu Xacobeo 2019”, impulsado pola Consellería de Turismo e Cultura da Xunta de Galicia. Conta, ademais, coas achegas dos Concellos de Santiago, A Coruña, Pontevedra e Lugo, así como coa colaboración de Casa Asia, entidade dependente do Ministerio de Relacións Exteriores do Estado.
Esta proposta está inspirada no artigo “De rutas e camiños no S.XXI” (2015), do fundador e Presidente de Honra do IGADI, Xulio Ríos, e xorde no contexto da actual Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX), impulsada pola Xunta de Galicia desde marzo de 2018. Así as cousas, a intencionalidade explícita do proxecto procura un enfoque integral nas relacións de Galicia con China, máis alá da disposición turística do Xacobeo 2021.
Para dar forma a este obxectivo final, en primeiro lugar, a proposta aspira a identificar unha rede de interese galego-chinesa de natureza multidimensional: institucional, económica-comercial, académica e sociocultural, que funcione de hub plural e eficaz para as relacións co xigante asiático no horizonte do S.XXI. Neste senso, anima aos usuarios a proporcionar calquera contacto relevante que poida ser de interese para o proxecto a través de info@igadi.org.
Nace da convocatoria “O Teu Xacobeo 2019”, impulsada pola Xunta de Galicia, ao que se sumaran achegas dos Concellos de Santiago, A Coruña, Pontevedra e Lugo
En segundo lugar, e despois da identificación dos actores fundamentais nas relacións de Galicia con China, o IGADI elaborará un estudo que identifique as fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas das relacións entre Galicia e China, que impliquen a definición dun plan de actuación para a situación do territorio galego e o Xacobeo 2021 no país asiático.
Finalmente, “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” aspira a reforzar o papel de Galicia e especificamente de Santiago de Compostela dentro da Unión Europea, como capital do diálogo UE-China. Desta maneira, o proxecto presentarase o vindeiro 23 de outubro na propia capital galega no contexto do 32º aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Itinerario Cultural Europeo.
A proposta rematará coa presentación do estudo final arredor das relación Galicia-China, nunha conferencia que terá lugar en abril de 2020 e contará coa participación de institucións galegas, chinesas e europeas.
Ao longo dos meses de duración do proxecto, este contará con perfís específicos en Twitter e Facebook, así como na rede social chinesa, WeChat.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49