Martes, 17 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 13 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

O BNG da Guarda convoca á Comisión de Seguimento do pacto de goberno

Fano despois do que consideran "graves feitos ocorridos e a inxerencia do alcalde socialista no plan de mobilidade e de modelo urbano, unha área de competencia exclusiva do BNG"

O Grupo Municipal do BNG na Guarda ven de convocar á Comisión de Seguimento do pacto de goberno no concello guardés "a raíz dos graves feitos ocorridos nos últimos días e tras as manifestas inxerencias por parte do alcalde do municipio (PSOE) en áreas de responsabilidade e competencia exclusiva do BNG". O portavoz nacionalista e tenente de alcalde da Guarda, Anxo Baz, recalca “a irresponsabilidade dos socialistas, incapaces de liderar un goberno forte co que mudar e mellorar A Guarda e que prefiren a imposición en lugar do consenso a pesar de que supoña un prexuízo evidente para a veciñanza”.


"Actitudes como a decisión unilateral do alcalde da Guarda de cambiar a sinalización e colocar prismas de pedra e mobiliario urbano na rúa Concepción Arenal, contradicindo e condicionando gravemente o deseño realizado pola concellería de Mobilidade e Modelo Urbano, van claramente en detrimento da cidadanía". “Están xogando co futuro da Guarda e poñendo en perigo a estabilidade do concello, deixando no aire cuestións tan importantes como os orzamentos municipais”, salienta Baz.


O Grupo Municipal do BNG asegura que  non chegou a acordo de goberno na Guarda “para continuar con políticas atrasadas, senón para traballar polo futuro da vila”. O BNG convoca esta reunión da Comisión de Seguimento porque síntese na obriga de traballar a prol dos guardeses e guardesas e “non estamos atados ás cadeiras do Goberno nin aos salarios”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.