Jueves, 29 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 13 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
Galicia

A mellor XGN R Encounter da historia remata con altísima nota

Tras esta exitosa edición consolídase a aposta estratéxica de chegar a ser a medio prazo a segunda lan party máis grande de España, por detrás da Euskal Encounter no País Vasco

Os organizadores da  XGN  R  Encounter valoraron moi positivamente os resultados desta  décimo novena edición, con 123 participantes máis que o ano pasado (máis dun 15% de incremento), chegando aos 932, o dobre de velocidade de conexión a internet, que pasou de 10 a 20  Gbps, e máis actividades que nunca para participantes e visitantes. Tras esta exitosa edición, consolídase a aposta estratéxica por converter a medio prazo á  XGN  R  Encounter na segunda  lan  party máis grande de España, por detrás da Euskal  Encounter.

 

As melloras introducidas na pasada edición, que buscaban incrementar o confort dos participantes, xunto á optimización da rede técnica, que permitiu duplicar a velocidade de conexión a Internet, de 10 a 20  Gbps, grazas á tecnoloxía de  R, marcan o camiño para seguir, segundo Ricardo Durán. O director xeral da Fundación Semana Verde destacou tamén o crecemento do evento, que vén facendo máis acusado nos últimos anos, así como o alto grao de satisfacción dos participantes, segundo se desprende das primeiras valoracións recollidas.

 

[Img #57063]

 

A  Feira Internacional de Galicia ABANCA contou de novo con  R como colaboradora e patrocinadora oficial e tamén co respaldo da Consellería de Política Social, impulsora do evento. Finalmente, foron 932 os participantes neste evento, que tamén contou con miles de visitantes á  Extranet, a zona aberta ao público que ofreceu actividades lúdicas e formativas, de forma gratuíta, a quen se achegou ao recinto feiral de Silleda (Pontevedra); preto de 2.000 persoas pasaron polo recinto para gozar das experiencias de realidade virtual, conferencias, xogos, exhibicións, talleres formativos e exposicións.

 

Os organizadores tamén destacan a altísima participación dos inscritos nas máis de 70 actividades. En concreto, resultou rechamante a calidade dos traballos presentados en arte dixital, o interese polas zonas de impresión 3D e realidade virtual e a asistencia ás conferencias e talleres formativos. Entre estes últimos destacan os talleres “crea  R” de robótica, financiados pola Fundación  Euskaltel e dentro do plan  Digitalent da AMTEGA, onde os nenos puideron iniciarse na montaxe destes enxeños electrónicos.  R tamén organizou durante o evento charlas dedicadas ás empresas, nas que, por exemplo, un experto en redes sociais ofreceu pautas e consellos ás pemes para comunicar ben na internet ou un emprendedor socio tecnolóxico de R expuxo como sacou adiante a súa aventura empresarial.

 

A idade media dos participantes é de 28 anos, moitos deles son profesionais que acoden á  XGN  R  Encounter como punto de encontro para intercambiar coñecementos e realizar contactos. En canto á súa procedencia, os rexistrados chegaron dende 23 provincias. A gran maioría deles son galegos, pero tamén acudiu un bo número desde Madrid e Asturias, e en menor medida, dende provincias como Toledo,  Bizkaia, Cantabria, Burgos, Valladolid, Navarra, Barcelona, Sevilla, Córdoba, Málaga, Murcia e Baleares.

 

A  Extranet contou tamén con varios espazos dedicados á Realidade Virtual que suscitaron un gran interese nos participantes e visitantes do evento. Neles foi posible gozar da ‘ hiperrealidad’, na que o usuario experimenta unha inmersión absoluta e interactúa co xogo co seu propio movemento. Tamén se habilitaron durante a  lan  party outros espazos dedicados a xogos de última xeración e outro máis achegado pola canle de televisión  SyFy, que permitía vivir a través dos ollos de diferentes personaxes os últimos minutos de vida do planeta.

 

A  XGN  R  Encounter está vinculada á rede de ' Encounters' de  Euskaltel que vén desenvolvéndose no País Vasco desde hai máis de 25 anos, e da que forman parte a  Euskal  Encounter, a  Gipuzkoa  Encounter, e a  Araba  Encounter, e na que tamén está integrada a  Technium  R  Encounter (Ourense). Os resultados desta colaboración foron moi positivos, e confirman que a futuro permitirá unha vía de crecemento de todos os eventos. De feito, organizadores e voluntarios dos eventos galegos acoden con asiduidade a outros eventos da familia ‘Encounter’, para compartir experiencias e intercambiar coñecementos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.