Miércoles, 12 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 14 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Máxima tensión nas Neves

Unha liña de 400.000 voltios ameaza as vivendas de Vide

A liña pola que circularán máis de 400.000 voltios, pasará moi preto de vivendas da parroquia nevense de Vide / Imaxe Xornal21A liña pola que circularán máis de 400.000 voltios, pasará moi preto de vivendas da parroquia nevense de Vide / Imaxe Xornal21

Dacordo coa información de Red Eléctrica Española, o novo trazado da liña, polo que circularán máis de 400.000 voltios, sairá de Fontefría, en A Cañiza e entrará en Portugal pasando moi preto de vivendas da parroquia nevense de Vide, algo ao que se opón completamente o Concello.

 

O alcalde amósase “absolutamente contrario” a este proxecto de trazado xa que entende que a súa proximidade ás casas, “tanto de As Neves coma de Arbo”, non é aceptable e, “presentamos estas alegacións agora que o trazado non é definitivo e o proxecto está en fase informativa”.

 

Para o Goberno local este novo percorrido do tendido ten alternativas é, sobre todo, non hai xustificación na súa proximidade a zonas habitadas considerando os danos que poden ocasionar o campo electromagnético.

 

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, manterá unha xuntanza con veciñas e veciños para informarlles sobre as alegacións presentadas diante do Ministerio de Industria, contra o novo trazado da liña de alta tensión. Será o vindeiro xoves, día 17, ás 21:00h., na Casa de Auga da parroquia de Vide

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.