Este mércores 16 de outubro terá lugar unha nova edición dos xa recoñecidos Concertos Didácticos da Escola de Música de Xinzo.
Esta vez, baixo o título "Ti si que tocas", baseado no afamado programa televisivo.
Celebrarase no Auditorio Municipal Reveriano Soutullo de Ponteareas, con dous pases ó longo da mañá, para o disfrute do alumnado dos colexios do concello.
Como novidade, este ano colaborará no concerto a actriz galega Cristina Collazo.