Domingo, 12 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Sábado, 19 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lucas Suárez Piñeiro, novo responsable do BNG en Salvaterra de Miño

Con 27 anos toma o relevo de Andrés Martínez, que continuará traballando co BNG

O BNG de Salvaterra de Miño vén de elixir en asemblea a Lucas Suárez Piñeiro como novo responsábel local da formación nacionalista. Aos seus 27 anos, Suárez toma o relevo dun histórico do BNG na localidade como é J. Andrés Martínez Alonso, que continuará formando parte activamente do Bloque. Lucas Suárez sinalou que afronta esta nova responsabilidade “con ilusión e ganas de traballar no proxecto do BNG, pensando sempre no beneficio das veciñas e veciños de Salvaterra de Miño”


Dende o Bloque indican que “xunto con outros mozos e mozas da localidade, Suárez sumouse o ano pasado ao proxecto do BNG”. Ao entender do novo responsable nacionalista, “o BNG é a fronte política que mellor representa e defende os intereses da sociedade galega, e onde se pode atopar a diversidade e pluralidade de ideas que a conforma como Bloque”.


Nestas pasadas eleccións municipais, Suárez formou parte do primeiro tramo da candidatura nacionalista, entrando de cheo na actividade política municipal. Cun Grao en Xeografía e Historia, Lucas Suárez inicia agora a coordinación e responsabilidade do grupo local, e por extensión formará parte do Consello Comarcal do BNG representando a localidade.


Segundo sinalou a asemblea do Bloque, “a mocidade que representa Lucas pon de manifesto que a xente nova sigue sumando no BNG e que son o futuro para que o proxecto da fronte nacionalista siga a medrar cada día, acadando as competencias e autodeterminación que nos falta para medrar como país e de cara a unha República Galega”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.