Jueves, 29 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 16 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra formou en apicultura sostible a 120 desempregados

A través do proxecto “DepoApicultura”, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, organizáronse 11 accións formativas para mellorar o emprego no sector apícola

A Deputación de Pontevedra vén de dar por finalizado “DepoApicultura”. Este proxecto, enmarcado dentro do programa “EmpleaVerde” do Ministerio para a Transición Ecolóxica, é unha iniciativa da Fundación Biodiversidade que consistiu en formar a persoas desempregadas para que poidan traballar no sector apícola dun xeito sustentable, impulsando e mellorando o emprego, o emprendemento e o medio ambiente. “DepoApicultura. A apicultura sostible como fonte de emprego rural” está cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020 e foi posto en marcha coa colaboración da Deputación de Zaragoza.


En total, leváronse a cabo 11 accións formativas de balde para fomentar, crear e mellorar o emprego nas actividades económicas relacionadas co medio ambiente e co sector apícola. Nelas participaron 120 persoas desempregadas, que recibiron 50 horas de formación tanto teórica como práctica e de maneira gratuíta, podendo escoller entre recibir formación presencial (en Barro, O Rosal ou Vilaboa), ou formación mixta –isto é, cunha parte presencial e outra online–, neste caso coas clases presenciais en Ponteareas, Ponte Caldelas, O Rosal ou Salceda de Caselas. Como requisito do proxecto, tanto no caso da provincia de Pontevedra como na de Zaragoza, as accións desenvolvéronse en zonas rurais da Rede Natura.


Grazas a “DepoApicultura”, as 120 persoas que recibiron a formación están xa capacitadas para pór en marcha e manter unha explotación apícola moderna. Para iso, o persoal docente informounas por unha banda sobre as técnicas e as orientacións produtivas que existen no sector, e pola outra banda puxo o foco nas novas vías de xestión e de comercialización dun negocio a través das novas tecnoloxías. Ademais, no último módulo recibiron nocións sobre elaboración de plans empresariais, busca de emprego e preparación do currículo.


A través deste programa, a Deputación de Pontevedra cumpriu os seus obxectivos de crear emprego verde, impulsar a innovación social con impacto positivo, promover e crear empresas verdes e loitar contra a desertización do rural. Ademais, “DepoApicultura” contribuíu a mellorar a taxa de emprego no sector apícola, con especial incidencia sobre as persoas con dificultades para acceder ao mercado laboral.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.