GALICIA
Lánzase a primeira convocatoria da incubadora de bioemprendemento en Galicia
A Xunta cofinancia xunto coa Fundación Incyde, a través do fondo Feder, esta iniciativa liderada pola USC, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago e Uninova
A directora da Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, Patricia Argerey, participou esta semana no acto de presentación da primeira convocatoria da incubadora de alta tecnoloxía do ámbito biotecnolóxico Bioincubatech. A Axencia Galega de Innovación participa na definición, execución e supervisión da dirección estratéxica da incubadora/aceleradora liderada pola Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago e Uninova, así como no cofinanciamento da iniciativa xunto á Fundación Incyde. Bioincubatech foi seleccionada na convocatoria para a posta en marcha e prestación de actividades en incubadoras de alta tecnoloxía da Comunidade Autónoma de Galicia da Fundación Incyde, financiada dentro do Programa Operativo Feder de Crecemento Intelixente.
A directora de Gain sinalou que esta incubadora constitúe un dos fitos da Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía, posta en marcha no ano 2016, e que finaliza en 2020, cuxos obxectivos e execución xa se teñen acadado prácticamente ao 100%. “Confío en que BioIncubaTech sexa capaz de atraer os mellores proxectos empresariais a Galicia e que estes teñan posibilidade de consolidarse e medrar en Galicia, facendo aínda mais forte o noso sector da biotecnoloxía e posicionándonos mellor a escala europea”, apuntou Argerey.
Ademais, esta incubadora contribúe a reforzar o ecosistema de apoio ao emprendemento en Galicia, aumentando a oferta de infraestruturas e servizos de incubación e aceleración no sector da biotecnoloxía, e integrándose na plataforma StartInGalicia que engloba todos os servizos de apoio ao emprendemento da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Argerey tamén subliñou que a creación desta infraestrutura centralizada de altas capacidades, que ofrece servizos de alto valor engadido, dota de novas capacidades ao tecido empresarial biotecnolóxico, aumentando así a súa capacidade de competir internacionalmente.
Por último, a directora de Gain contextualizou esta iniciativa no alto potencial do sector biotecnolóxico galego, tanto dende o punto de vista da xeración de coñecemento, coa Universidade de Santiago de Compostela liderando o programa, como dende o punto de vista do tecido empresarial, cos clústeres Bioga, Clusaga e o da Saúde implicados no proxecto.
Esta iniciativa reforza a oferta de servizos de incubación-aceleración no sector biotecnolóxico e ofrece novas infraestruturas ao tecido empresarial, especialmente nos sectores de saúde e tecnoloxías alimentarias
Por este motivo así como pola súa capacidade para transformar sectores estratéxicos para Galicia como o agroalimentario, o mariño, o medioambiental ou o sanitario, o sector da biotecnoloxía constitúe un sector prioritario para a Xunta de Galicia, que puxo en marcha en 2016 unha Estratexia Galega de Impulso á Biotecnoloxía, co obxectivo de impulsar a competitividade destes sectores e situar a Galicia como actor clave a nivel internacional na cadea de valor biotecnolóxica. Ademais desta iniciativa, a Xunta de Galicia apoia outros programas de emprendemento e aceleración neste eido como a Business Factory Food, centrada na industria alimentaria, Agrobiotech Innovación, centrada na biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa, ou a Incubadora de Descubrimento Temperán de Fármacos da Fundación Kaertor e Janssen.
Primeira convocatoria do programa Bioincubatech
A primeira convocatoria, que se presentou esta mañá, estará aberta desde hoxe, 15 de outubro, ata o 15 de novembro e busca a incubación de micropemes relacionadas co sector biotecnolóxico a partir da creación de empresas de base tecnolóxica así como apoiar a aquelas empresas que precisan mellorar e innovar nos seus procesos no ámbito biotecnolóxico, especialmente nos sectores saúde e tecnoloxías alimentarias.
Para elo, ofrece catro programas: preincubación, dirixido a proxectos en fases iniciais sen inicio de actividade e sen plan de negocio ou cun plan de negocio non validado; incubación, empresas constituídas cun plan de negocio inicial e cun incipiente acceso ao mercado; aceleración, empresas constituídas cun plan de negocio xa desenvolvido e cun acceso ao mercado significativo; e incubación virtual, proxectos en calquera fase de desenvolemento que non precisen aloxamento físico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49