VIGO
Lete conmemora o 500 aniversario da Volta ao Mundo Magallanes – Elcano
Foi na 27ª edición da Regata Guardiamarina do Real Club Náutico de Vigo e a Escola Naval Militar
Destaca “a importancia dos deportes de mar en Galicia así como dos eventos deportivos que teñen lugar nos nosos mares e ríos e que tanta sona acadan no mundo enteiro”
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou na mañá de hoxe na presentación da 27ª Edición da Regata Guardiamarina - V Centenario da Primeira Volta ao Mundo celebrada no Salón Nobre do Real Club Náutico de Vigo. Alí, o máximo responsable do deporte galego destacou que, coma no deporte, “superar os medos, primar a audacia e a valentía están sen dúbida tamén detrás da que para moitos é, aínda hoxe, a aventura máis audaz da humanidade, dar a volta ao mundo de leste a oeste pero no ano 1519”.
No seu relatorio gabou os nomes de Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano, e a aventura na que participaron “5 naves e 250 homes que partiron na Armada da Especiería en 1519, dos que tan só regresaron 18 a Sevilla, tres anos despois, na Vitoria”.
“O mar sempre foi sinónimo de xestas, de aventura e de revolucións; sinónimo de avance e de terreo e territorio para homes, e mulleres, valentes e decididos”, dixo o secretario xeral que tamén destacou “a importancia dos deportes de mar en Galicia así como dos eventos deportivos que teñen lugar nos nosos mares e ríos e que tanta sona acadan no mundo enteiro”. “Un espírito que atopamos tamén na Regata Guardamarina, da que o pasado ano celebrábanse os seus 25 anos”, apuntou. Neste sentido felicitou ao Real Club Náutico de Vigo e á Comisión Naval de Regatas da Escola Naval Militar por unha nova edición da regata.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49