Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 16:48:44 horas

Xornal21.es
Lunes, 21 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

En exposición pública o Inventario de Vías e Camiños Municipais de Tui

Os veciños xa poden presentar as alegacións que se consideren oportunas. Foron admitidas as 15 formuladas fóra de prazo na anterior exposición do documento

Até o próximo 10 de novembro está en exposición pública o Inventario de Vías e Camiños Municipais do Concello de Tui. A corporación municipal de Tui aprobou no pleno ordinario, do 26 de setembro, establecer un novo período de información pública deste documento, un acordo que o pasado xoves día 10 foi publicado no Boletín Oficial da Provincia. O obxectivo é lograr que o documento que se aprobe definitivamente sexa o máis axustado posible á realidade. Por iso tanto particulares coma asociacións e entidades conta agora cun novo período para poder consultar o documento e presentar as alegacións que consideren.


O Inventario de Vías e Camiños Municipais foi aprobado inicialmente en pleno o 28 de febreiro deste ano. No primeiro prazo de exposición pública, que rematou no mes de maio, se presentaron corenta alegacións, e houbo quince máis, que debido a un erro na data de finalización do prazo se rexistraron extemporaneamente. Con este novo período de exposición pública dáse cabida a estas alegacións presentadas fóra de prazo, así coma a todas aquelas que poidan xurdir, co obxectivo de que contribúan a que o documento sexa o máis acertado posible e se depuren os datos contidos.  


O inventario recolle de xeito detallado e por parroquias os camiños e vías de titularidade municipal, contemplando a súa lonxitude, material no que están realizados, número de tramos, a existencia ou non de alumeado, saneamento, abastecemento e beirarrúas entre outros.


As persoas que o desexen poden achegarse ata a Casa do Concello a consultar o documento de luns a venres de 9 a 14 h, onde técnicos municipais lles poderán resolverán as dúbidas que poidan ter.  Tamén se pode consultar o documento na web tui.gal ou no sede electrónica.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.