Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 17 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Victoria Alonso "reta" a Arévalo a unha auditoría externa

O partido socialista opúxose firmemente as contas que o goberno aprobou en solitario

A voceira do partido socialista en Mos Victoria Alonso, puxo en dubida "a boa xestión que o goberno de Mos esta a facer respecto as contas presentadas. Nomea cuestións coma que no informe de intervención no apartado remanente de tesourería aparecen dereitos pendentes de cobro por valor de case 5 millóns de Euros nos anos anteriores e 850.000€ do ano 2018".

 

Afirma que Mos "ten máis dun 70% de saldos pendentes de cobro, 20% máis da media dos concellos remitíndose o consello de contas de Galicia. Recalca que unha das medidas a tomar no informe de intervención é intentar reducir os dereitos pendentes de cobro e non depender so das subvencións".

 

Alonso di que "pola banda das subvencións a alcaldesa no ano 2018 non recibiu o que tiña previsto e pídelle que faga unha mellor xestión destas no 2019, porque ou esta enganando a veciñanza ou non fai tal boa xestión das subvencións coma ela alardea".

 

A portavoz socialista felicita a alcaldesa pola redución da débeda bancaria, recalcándolle que" é moi doado, se para facelo deixa de pagar as facturas necesarias para o funcionamento do concello".

 

Volve facer referencia o informe de intervención para afirmar que" ten obrigas recoñecidas pendentes de pago de case 3 millóns de Euros e case 500.000€ pendentes de aplicar os orzamentos. Un 25% pendente de pagar na recollida do lixo, 22% en benestar social, 20% na axuda a domicilio, 23% pendente en cultura, case 50% en deportes e un 70% en saneamento".

 

 Afirma que "os colectivos e acredores deixan de recibir os ingresos do concello de Mos pola súa mala xestión, as familias de Mos non reciben os pagos do concello e desta maneira fai que se reduza a liquidez dos veciños e veciñas. Menciona que a lei a obriga a pagar a provedores a 30 días, e o concello de Mos ronda unha media de 150".

 

Por último Victoria Alonso reta a alcaldesa de Mos a que se todo isto que esta afirmando non é certo, demóstrello a veciñanza de Mos "facendo unha auditoría externa"

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.