GALICIA
700 persoas optarán a unha das 132 prazas de Policía Local que convoca a Xunta
A primeira e segunda proba terán lugar o próximo 27 de outubro
Máis de 700 persoas optarán a unha das 132 prazas de policía local que oferta a Xunta a través da convocatoria unificada na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).
O Diario Oficial de Galicia publica as listaxes definitivas de admitidos neste proceso, que suman un total de 722 persoas. Ademais, na resolución indícase tamén a data da primeira proba (test de coñecemento) e da segunda (proba de galego para os non exentos), que terán lugar o próximo 27 de outubro no recinto feiral de Silleda, no pavillón 2.
A proba de coñecementos consiste en 100 preguntas tipo test do temario proposto na convocatoria con catro respostas posibles e soamente unha correcta. Os aspirantes dispoñen dun total de 120 minutos para respondelas.
Trátase da segunda convocatoria que organiza a AGASP de acceso á categoría de policía local. Neste proceso selectivo, segundo o solicitado polos concellos, ofértanse 158 prazas en 28 concellos galegos: 132 pola quenda libre e 26 pola quenda de concurso-mobilidade.
Nesta segunda convocatoria de oposicións unificadas tamén se ofertan outras 26 prazas de policía pola quenda de concurso/mobilidade
A Xunta publicou a finais de 2017 un decreto para centralizar na AGASP as oposicións de auxiliares e policías locais dos concellos que así o decidisen de forma voluntaria (actualmente, xa son 73 os concellos que se adheriron a este procedemento). O obxectivo da iniciativa é aforrar xestións, orzamento e tempo ás entidades locais, á vez que se favorece a axilidade e transparencia dos procesos. En virtude deste convenio, os concellos fóronse unindo ao procedemento a través de convenios de colaboración para delegar estas competencias na Xunta.
O primeiro proceso de selección foi o de auxiliares coa celebración das probas entre maio e xuño de 2018 para optar a 109 prazas. En abril deste ano anunciouse a segunda convocatoria con 155 prazas para esta categoría. O proceso rematou en xuño coa adxudicación de postos.
No caso da policía local, en novembro de 2018 comezou o primeiro proceso para esta categoría con 38 prazas en 23 concellos e en xuño publicouse o segundo para cubrir 158 postos en 28 concellos, dos que hoxe se publica a lista definitiva de admitidos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49