VIGO
Vigo seleccionar 40 nenos e nenas para subir ás carrozas municipais de reis
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación para o deseño e produción das cinco carrozas municipais da Cabalgata de Reis, que versará sobre personaxes e animais de contos e historias da infancia. Ademais, o alcalde informou da aprobación das bases do concurso "Vente cos Reis Magos" para seleccionar os 40 nenos que irás nas carrozas
Abel Caballero deu conta da aprobación do expediente de contratación do deseño e produción das cinco carrozas municipais para a próxima cabalgata do 5 de xaneiro, contrato para o que o Concello reserva 65.000 euros. O alcalde desvelou a temática do desfile de reis, que se baseará en personaxes e animais de contos e historias da infancia.
Ademais, e dentro da mesma cuestión, o goberno de Vigo aprobou as bases de participación do concurso "Vente cos Reis Magos", co obxectivo de seleccionar 40 nenos e nenas -e suplentes- que acompañarán aos reis na cabalgata. Poden optar os nacidos entre o 1 de xaneiro de 2007 e o 31 de decembro de 2011, presentando no rexistro xeral a inscrición, documento que pode descargarse na web do Concello e estará dispoñible en colexios, asociacións culturais e oficinas descentralizadas municipais.
O prazo para anotarse comezará ao día seguinte da publicación na páxina web municipal e ata o 16 de decembro. O sorteo se realizará o 20 de decembro ás 19h no auditorio municipal do Concello.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49