Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 21 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG do Porriño considera innecesaria a adquisición de vehículos de alta gama

"O parque de vehículos dos servizos municipais de obras, xardinería e mantemento é evidente que precisaba dunha renovación, xa que os vehículos existentes non estaban en condicións de circulación, tal e como indican os informes técnicos que hai no expediente. Por outra banda existe un estudo económico, en base ás necesidades dos servizos e en función dos custes de mantemento dos vehículos actuais, que recomenda un procedemento de Renting e non de compra, o reducírense deste xeito os gastos anuais"  explican dende un comunicado de prensa emitido polo BNG.


Tamén aclaran que "cando o Concello, na redacción dos pregos de condicións, marca uns prezos e unhas necesidades superiores ás verdadeiramente necesarias, dá lugar a que as empresas oferten unhas melloras en alta gama e potencia dos vehículos que para nada necesita o Concello do Porriño".


“Consideramos innecesario o número de vehículos e as características de algún dos mesmos, algunhas de media ou alta gama, que fixeron que o prezo fose máis elevado, existindo de feito no mercado vehículos máis axeitados e máis económicos que cubrirían as necesidades dos servizos municipais. É fundamental que dende o Concello se revise a redacción dos pregos de condicións á hora de levar adiante licitacións coma esta e se marquen e axusten nestes as verdadeiras necesidades dos servizos municipais”, manifestou o portavoz nacionalista Pedro Pereira. “O BNG entende que as prioridades do Concello son outras, como atender mellor as necesidades sociais que demanda a veciñanza”.


O BNG tamén considera que "o goberno municipal, ou o tribunal constituído para o procedemento de licitación, non podía aceptar como técnico de valoración das ofertas o xefe da policía local, e pola contra debería ter contado cun técnico industrial independente".


Dende a organización nacionalista solicitan do goberno municipal "a revisión do contrato, dentro das vías de revisión contempladas nos pregos de condicións".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.