Galicia
Preto de 2.700.000 mamografías en Galicia dende 1992
No período comprendido entre xaneiro de 1992, data da súa posta en marcha, e o 1 de outubro do presente ano, o Programa galego de detección precoz do cancro de mama, de cuxa patoloxía se conmemora hoxe o Día Internacional, realizou un total de 2.671.529 exploracións mamográficas, o que supón unha participación do 78,6%. Cómpre remarcar que, a partir do ano 2006, a participación no programa supera o 75%, que é o obxectivo desexable establecido polas Guías Europeas de Garantía de Calidade en Cribado e Diagnóstico Mamográfico. De feito, dende ese ano, a participación acada ou supera o 80% anualmente.
Sinalar, así mesmo, que no período comprendido entre xaneiro de 1992 e o primeiro de outubro do presente ano, a taxa global de detección precoz foi de 3,6 casos por cada mil mulleres exploradas, é dicir, 9.611 cancros foron detectados polo programa en fase presintomática.
O obxectivo de acadar un diagnóstico precoz dos cancros queda reflectido no feito de que, o 92,7% dos tumores detectados, tiñan un estadío tumoral baixo. Ademais, un 65% dos casos non tiñan afectación ganglionar no momento do seu diagnóstico. O risco de morrer por cancro de mama redúcese case que nun 30%.
Melloras na xestión
A estrutura asistencial do Programa está formada polas unidades de exploración mamográfica, as unidades de avaliación radiolóxica e as unidades de diagnóstico e tratamento.
Dende o seu inicio, o programa non deixou de expandirse na súa capacidade e recursos para a atención ás usuarias, mellorando a súa xestión e tamén a recollida de datos que permiten elaborar os indicadores para a súa avaliación, seguindo as directrices da Unión Europea e as novas evidencias que foron xurdindo.
Este programa do departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña foi adaptándose ao desenvolvemento tecnolóxico, coa modernización dos seus sistemas de información e a dixitalización de todas as unidades de exploración. Entre as melloras levadas a cabo cómpre remarcar o incremento da idade da poboación diana, que ampliouse ata os 69 anos; ou a instalación da tecnoloxía dixital, que mellora, substancialmente, o funcionamento, a capacidade e a calidade do programa en todos os niveis da súa estrutura.
Sinalar, por último, que o programa conta co teléfono 981 14 14 14, para a atención ás usuarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49