SALCEDA DE CASELAS
Ramallo defende a capacidade dos concellos para xestionar fronte á "parálise do Goberno central"
Santiago Rodríguez Davila: “Sempre terei presente a frase que me dixo Manuel Fraga cando me recibiu no Senado: “Que podo facer por vós?”
A cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, María Ramallo, defendía a pasada fin de semana "a capacidade dos concellos de toda España para xestionar fronte á parálise do Goberno central: Tódolos municipios levan meses e funcionando con Goberno. Precisamos estabilidade”. Fíxoo nun xantar mitin celebrado ante máis de 300 persoas no lugar do Borralliño, en Salceda de Caselas, xunto ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, e o candidato o Senado, que exerceu de anfitrión, Santiago Rodríguez Davila.
![[Img #57228]](https://xornal21.com/upload/images/10_2019/9531_xantar-populares-salceda-1.jpg)
Ramallo, que participou pola mañá nun paseo polas rúas, comercios e postos do Mercado de Vilagarcía de Arousa, fixo unha acendida defensa da política local. “Nela están os principios máis importantes do que debemos transmitir. Xestión, contacto directo coa xente, solución de problemas e traballo a tempo completo”
A cabeza de lista pola provincia recordou o balance que pode presentar Pedro Sánchez neste ano e medio: “Non foi capaz de aprobar os presupostos e goberna cos de Rajoy; convocou as eleccións cando quixo, en abril; dixo que Unidas Podemos era o seu socio preferente e logo que lle quitaban o sono; adicou todo o verán a disfrutar como presidente despois de desaloxar a Rajoy montado a lombos dos que agora alentan os disturbios e incendios en Cataluña; non se puxo de acordo con ninguén... Estamos agora moito peor que hai ano e medio. Non se gañou ser o noso presidente”.
Tamén tivo palabras para os salcedenses Santiago Rodríguez Davila e Ana Cristina Pérez, ambos presentes na candidatura. “Santi conseguiu máis do 43% dos votos nas municipais e quedou a 100 papeletas de ser alcalde. Por iso vos pido que nas xerais votedes como nas municipais. Desde logo non vai haber outra candidatura que represente mellor a Salceda”.
Pola súa parte, o candidato ao Senado, Santiago Rodríguez Davila, puxo en valor o traballo desenvolvido nestes anos na política municipal e recordou unha anécdota co presidente de honor do partido, Manuel Fraga. “Don Manuel recibiume no seu despacho do Senado e preguntoume que podía facer por min. E iso mesmo quero facer eu, dicirvos que desde o Senado sempre terei na cabeza esa frase: 'Que podo facer por vós?'

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186