Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 22 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda abre o prazo para participar en «Decora o teu Nadal 2019»

[Img #57246]O Concello da Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de lanzar as bases para «Decora o teu Nadal 2019», unha campaña centrada no embelecemento da nosa vila, de cara a unha das datas mais importantes para a mesma, o Nadal, época de lecer e reencontro coa familia e os amigos.

 

Deste xeito se convida a todas as Asociacións e colectivos guardeses a participar un ano máis e implicarse na decoración de nadal de espazos públicos do municipio aportando a súa creatividade e bo facer.

 

Este ano o tema obxectivo de «Decora o teu Nadal 2019» vai ser «Nadal Mariñeiro», rematando deste xeito o ano 2019 co mar coma protagonista.

 

Cada Asociación ou colectivo poderá participar cun máximo de 1 proposta, sendo preciso empregar materiais, principalmente de refugallo, non contaminantes e resistentes ao exterior.

 

As bases completas xa están a disposición dos interesados no Departamento de Cultura do Concello da Guarda e na web municipal.

 

O prazo de participación está xa aberto ata o 4 de novembro a través do Departamento de Cultura do Concello da Guarda, enchendo o formulario de participación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.