Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 21 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta preséntalles aos veciños de Budiño unha variante con conexión coa A-55

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, explicoulles a representantes veciñais e municipais esta alternativa cuxos planos serán remitidos hoxe ao Concello do Porriño para a súa avaliación

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, presentoulles ao Concello do Porriño e aos veciños de Budiño a proposta de execución dunha variante da estrada PO-510 con conexión directa coa A-55 para liberar tráfico e mellorar a mobilidade nesta parroquia.

 

Francisco Menéndez explicou que se trata de executar unha variante da estrada PO-510 para a conexión directa coa A-55, dende o punto quilométrico 3 e aproveitando o viario do polígono industrial.

 

Concretou que esta opción, que tivo boa acollida por parte dos asistentes á reunión, permitiría eliminar tráfico nos tres primeiros quilómetros da vía, de xeito que os dous primeiros darían servizo ás canteiras e ao polígono e o terceiro facilitaría a mobilidade dos veciños de Budiño.

 

 

 

 

Francisco Menéndez sinala que se executaría unha variante que conecte coa A-55, dende o punto quilométrico 3 e aproveitando o viario do polígono industrial

 

 

 

 

Avanzou que a Xunta lle remitirá hoxe mesmo os planos relativos a esta proposta ao Concello do Porriño para que os poida analizar para posteriormente trasladarlle esta solución ao Ministerio de Fomento e avaliar a forma de conexión concreta coa A-55.

 

Precisou que nun prazo duns quince días a Consellería de Infraestruturas manterá unha xuntanza coa Concello do Porriño para avanzar na solución a estas demandas.

 

O director da AXI subliñou que dende o punto de vista técnico esta alternativa resultaría beneficiosa para os veciños de Budiño, o sector do granito, o polígono industrial e outros concellos como Salceda de Caselas ou Salvaterra de Miño que tamén empregan a PO-510.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.