Sábado, 28 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 28 de Marzo de 2026 a las 09:29:41 horas

Xornal21.es
Miércoles, 23 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A Eurocidade organiza unha xornada de "deporte para todos"

A inscrición, de balde, pode facerse até o día 24. Haberá xogos tradicionais, paseos e aula de Pilates

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza unha xornada deportiva no marco do programa "Deporte para todas as persoas", con xogos deportivos e tradicionais, andaina curta (paseo) e aula de Pilates. Será o vindeiro domingo, 27 de outubro, no Parque do Castelinho (Vila Nova de Cerveira) de 10 a 13 horas (hora galega).
Para participar na xornada "Deporte e Amizade", é recomendable inscribirse previamente en geral.manos.sa@gmail.com ata o 24 de outubro, sendo a actividade totalmente de balde.

 

"Deporte para todas as persoas" é un programa de actividades deportivas gratuítas que se levan a cabo en equipamentos dos dous concellos, e que inclúe tres variedades de actividades: piscina en familia, actividades para maiores de 55 anos e  práctica de diversas modalidades deportivas en parroquias de Tomiño e IPSS de Cerveira.

 

Máis de 400 persoas teñen participado neste programa, iniciado en setembro de 2018, e que xa organizou tamén dúas andainas transfronteirizas.

 

Estas actividades deportivas que convidan aos veciños e veciñas dos dous municipios a compartir prácticas saudables, forman parte da Axenda Estratéxica para a Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% polo Programa INTERREG VA POCTEP, con fondos FEDER da Unión Europea.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.171

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.