Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 27 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Bimba y Lola atópase xa en activo na antiga nave de Pórtico en Arrufana

Tras meses de obras de acondicionamento e mellora das instalacións, máis de 60 traballadores da empresa do textil están xa traballando na nave mosense

Despois de que a Xunta de Goberno Local mosense aprobara en abril do ano pasado a autorización das obras de acondicionamento e mellora da antiga nave de Pórtico, a empresa textil Bimba y Lola iniciou un proceso de meses de traballos para para poñer a punto as instalacións, que a día de hoxe atópanse xa en activo. A obra incluiu reforma e adecuación das instalacións existentes en Arrufana.


Actualmente Bimba y Lola xa ten en marcha a súa actividade nestas novas dependencias no municipio de Mos. De xeito que a incipiente firma do sector textil pasa a ampliar a súa presenza no municipio mosense, ao contar tamén cunha nave en Tameiga, a chamada nave de Rosaleiro, sita xunto á autovía A-55.


Bimba y Lola continúa crecendo en Mos, posto que se trata dunha empresa que naceu coa súa central na localidade mosense e agora estabilízase e expándese dentro da mesma, ampliado as súas instalacións no termo municipal.


A nave na que Bimba y Lola asentou as súas novas instalacións loxísticas na zona de Arrufana, na parroquia mosense de Louredo, conta cun silo automático de 5.300 metros cadrados e 20 metros de altura para almacenaxe de produto en caixas, 3 plantas cun total de 19.000 metros cadrados nas que se realiza a subministración diaria a toda a rede de tendas da compañía a nivel mundial, así como á canle online, unha planta semiautomática para almacenaxe de 200.000 pezas colgadas e zonas de servizos comúns e oficinas loxísticas. A integridade da infraestrutura suma unha superficie total de 26.484 metros cadrados.


As devanditas instalacións garanten, segundo informan dende a empresa, unhas boas comunicacións tanto por vía marítima, como aérea e terrestre, e atópanse próximas ás oficinas centrais da compañía, actualmente tamén situadas en Mos; que son as anteriormente mencionadas e que se atopan na parroquia de Tameiga.


Este novo centro de distribución permite a integración de todos os procesos de xestión loxística dando resposta ao crecemento da compañía nos próximos anos. Nese novo espazo, Bimba y Lola dá traballo a unhas 60 persoas, que poderán chegar a 100 nos picos anuais de maior demanda do textil como son o Nadal e as dúas campañas de rebaixas: de inverno e verán.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declara a este respecto que “é un orgullo para este Concello ter ampliado a presencia desta gran empresa do sector textil, como é Bimba y Lola, en Mos, que xa conta con dúas naves no noso municipio que supoñen centos de postos de traballo, ademais de incrementar o tecido empresarial mosense e xerar riqueza industrial para Mos”. “Un dos principais obxectivos do equipo de goberno local é o de diminuír a taxa do paro, algo que só se pode lograr fomentando ó mesmo tempo o crecemento empresarial mosense para crear novos postos de traballo”, explica Arévalo.


Ademais a rexedora local salienta que “coa rehabilitación da antiga nave de Pórtico evítase que unha gran instalación industrial se convirta en patrimonio ruinoso”. Neste sentido a rexedora local mosense explica que “dende o Concello non só tratamos de potenciar o crecemento industrial nos polígonos novos como pode ser o PEMOS Veigadaña, senón de manter con vida instalacións empresarias que quedaron valeiras para que non se volvan obsoletas e continúen a xerar traballo, riqueza e progreso en beneficio dos e das mosenses”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.