Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 24 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O PSOE de Mos pídelle a Educación que se desculpe "polas mentiras do pleno"

No último pleno celebrado no Concello de Mos o concelleiro socialista, Alejandro Figueroa, preguntou polas obras que están esperando no CEIP Atín-Cela. Tanto a rampa de acceso coma o cambio de ventás, entre outras necesidades do colexio. O concelleiro fíxose eco de necesidades que as nais e pais levan anos reclamando e dende a dirección así llo comunican o concello.

 

Figueroa fixo fincapé en que estas necesidades deben estar cubertas polo concello dada a inversión necesaria, xa que para outras cuestións xa se fai cargo a ANPA ou o colexio. Tras un acalorado debate no que dende o concello negan que a ANPA fágase cargo de obras do colexio, o concelleiro socialista viuse obrigado a corrixilos. Cuestións coma as últimas reformas na secretaria, o comedor ou outras obras foron abonadas polo centro e a ANPA.

 

O concelleiro socialista fixo especial fincapé, "pese a que o tenente alcalde quixese negar este feito, no parque que foi pagado pola ANPA con fondos propios, con fondos aportados polas asociacións de veciños de Cela e de Pereiras e cas rifas vendidas por tódolos pais do centro, posto que o concello non quixo colaborar".

 

"A concelleira de educación, nun intento de desprestixiar a bancada socialista, dixo que estaban mal informados xa que nestes momentos o CEIP ATÍN-CELA non contaba con ANPA". Onte o PSdeG-PSOE de Mos recibiu un comunicado da ANPA onde manifestan "o seu malestar coas declaracións totalmente desafortunadas por parte da concelleira de educación Julia Loureiro, xa que si hai ANPA".

 

Alejandro Figueroa esíxelle a concelleira que se desculpe publicamente xa di “a que está mal informada é ela”. Engade “fai pouco que a ANPA mantivo unha reunión coa concelleira e que ela sabía de primeira man que hai directiva ata que proximamente se faga a renovación, por tanto este é outro exemplo de coma o Partido Popular terxiversa a realidade e non di máis ca mentiras”. Finaliza dicindo “espero que a concelleira retire as súas declaracións ou que dende a alcaldía tomen medidas”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.