SALUD
Os medicamentos Orkambi e Symkevi serán financiados por Sanidade a partir de hoxe
O Ministerio de Sanidade comprometeuse a que a partir de hoxe estarán financiados estes fármacos para todo o Estado español
Emocionadas, así é como acolleron esta noticia as persoas representantes da Federación Española de Fibrosis Quística, da que forma a entidade membro de COGAMI, Asociación Galega de Fibrose Quística. Despois de anos de reivindicacións por parte de persoas afectadas e familiares desta doenza que afecta a pulmóns e aparato dixestivo, o Ministerio de Sanidade chega a un acordo co laboratorio estadounidense Vertex Pharmaceuticals para financiar os fármacos Orkambi, Symkevi e Kalydeco.
Segundo se aprobou na última reunión da Comisión Interministerial de Prezos de Medicamentos, o Ministerio confirma que a partir de hoxe, 1 de novembro, estes fármacos estarán incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde, beneficiándose desta medida as máis de 550 persoas que teñen Fibrose Quística en España, das que 113 son nenas e nenos, e que agora poderán acceder aos mellores tratamentos.
En Galicia, dende a Asociación Galega de Fibrose Quística puxéronse en contacto con Consellería de Sanidade para iniciar as pautas de acceso ao tratamento co fin de que as persoas co precisen dispoñan del no espazo mais curto posible
Para o presidente da Asociación Galega de Fibrose Quística, Juan da Silva, “esta é unha gran noticia para o noso colectivo. Os tratamentos actuais van dirixidos a tratar os síntomas da enfermidade e estos medicamentos son os primeiros que, se ben non curan a enfermidade, actúan corrixindo o problema de base. Desbloquear esta situación vai axudar a que moitas persoas poidan verse beneficiadas con estas medicacións. Confiamos agora en que as Comunidades Autónomas axilicen o trámite para que os tratamentos cheguen ás persoas con Fibrose Quística canto antes e poidan mellorar a calidade de vida da mesma forma que a miña filla, que lle cambiou a vida dende hai máis de 3 anos dende que o toma por uso compasivo”.
Dende a Asociación Galega de Fibrose Quística xa se puxeron en contacto coa Consellería de Sanidade para poder iniciar as pautas de acceso a seguir para o uso destes tratamentos, dos que Orkambi está indicado para menores de entre 6 e 12 anos e Symkevi para idades a partir dos 12 anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149