MOS
O BNG non comerá cos empresarios de Mos en Redondela
Molestos pola celebración do seu 25 aniversario "fóra do noso concello"
Gustavo Barcia Seijo
"Non podemos deixar de amosar a nosa sorpresa ante o feito de que AEMOS decida celebrar esta efeméride fóra do concello" indican nun comunicado remitido aso medios
O BNG de Mos recibiu, como todas as forzas políticas representadas na corporación municipal, un convite para participar na cea de conmemoración do 25 aniversario da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), que se celebrará en Redondela este venres, 25 de outubro. "Dende o Consello Local transmitímoslles o noso agradecemento e o noso desexo de que todas as asociadas e asociados teñan un feliz día, pero declinamos participar no evento por unha serie de motivos que xa lles espuxemos, por escrito, na nosa resposta" aseguran os nacionalistas.
"En primeiro lugar, non podemos deixar de amosar a nosa sorpresa ante o feito de que AEMOS decida celebrar unha efeméride tan destacada fóra do noso concello e o faga en Redondela. Entendemos que non é unha decisión moi coherente para unha entidade que ten o obxectivo de fortalecer o tecido empresarial de Mos" insisten.
Alén disto, lembran que "seguimos tamén agardando que AEMOS manifeste a súa posición pública respecto á proposta de modificación puntual do PXOM de Mos, cuxo documento inicial foi aprobado hai poucos días no pleno. Este proxecto, impulsado dende o Real Club Celta, contempla a construción dun centro comercial de enormes dimensións que afectará de forma drástica ao pequeno comercio e ao tecido empresarial do noso concello. Sen dúbida, será interesante coñecer a posición da asociación de empresarios respecto a un dos temas que máis preocupa á veciñanza e aos propios empresarios".
Gustavo Barcia SeijoO BNG de Mos recibiu, como todas as forzas políticas representadas na corporación municipal, un convite para participar na cea de conmemoración do 25 aniversario da Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS), que se celebrará en Redondela este venres, 25 de outubro. "Dende o Consello Local transmitímoslles o noso agradecemento e o noso desexo de que todas as asociadas e asociados teñan un feliz día, pero declinamos participar no evento por unha serie de motivos que xa lles espuxemos, por escrito, na nosa resposta" aseguran os nacionalistas.
"En primeiro lugar, non podemos deixar de amosar a nosa sorpresa ante o feito de que AEMOS decida celebrar unha efeméride tan destacada fóra do noso concello e o faga en Redondela. Entendemos que non é unha decisión moi coherente para unha entidade que ten o obxectivo de fortalecer o tecido empresarial de Mos" insisten.
Alén disto, lembran que "seguimos tamén agardando que AEMOS manifeste a súa posición pública respecto á proposta de modificación puntual do PXOM de Mos, cuxo documento inicial foi aprobado hai poucos días no pleno. Este proxecto, impulsado dende o Real Club Celta, contempla a construción dun centro comercial de enormes dimensións que afectará de forma drástica ao pequeno comercio e ao tecido empresarial do noso concello. Sen dúbida, será interesante coñecer a posición da asociación de empresarios respecto a un dos temas que máis preocupa á veciñanza e aos propios empresarios".







































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11