PROVINCIA
O programa DepoEmprende na FP dinicia charlas de motivación para o alumnado
Un total de dez centros educativos de sete concellos da provincia participan este ano en DepoEmprende na FP para fomentar o emprendemento na etapa estudiantil
A partir deste venres, 25 de outubro, van comezar de forma paralela as charlas de motivación para o alumnado e as accións formativas para o profesorado dos dez centros educativos de sete concellos da provincia participantes no programa DepoEmprende na FP 2019-2020, impulsado pola Deputación de Pontevedra para fomentar o emprendemento na etapa estudiantil.
En concreto, as persoas participantes nas xornadas motivadoras coñecerán de preto o proxecto, recibirán información sobre o proceso a seguir na creación dos proxectos empresariais e introduciranse na metodoloxía de traballo. Así, mañá venres 25 de outubro darán comezo as dúas primeiras charlas, no CIFP Manuel Antonio de Vigo ás 10 h e no CPR Daniel Castelao de Vigo ás 12 h; o luns 28 de outubro será a quenda do CPR San Miguel de Vigo, ás 9:30 h, e do IES Rodeira de Cangas, ás 12 h; o luns 4 de novembro serán as charlas no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui, ás 9:30 h, e na Asociación Escola Familiar Agraria A Cancelas das Neves, ás 12 h; o martes 5 de novembro levaranse a cabo charlas no CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, ás 8:30 h, e no IES Terra de Turonio de Gondomar, ás 12:30 h; e, por último, a quenda do IES Montecelo de Pontevedra e do IES Johan Carballeira de Bueu será o mércores 6 de novembro ás 10 e 12 h, respectivamente.
No que respecta á formación específica para o persoal docente de formación profesional, o obxectivo é dotar ao profesorado das ferramentas e recursos necesarios para poder axudar ao alumnado a adquirir a competencia emprendedora. Neste caso, as accións formativas para o persoal docente terán lugar no CFR Pontevedra os días 28 de outubro, 5 e 7 de novembro; dende as 16 ata as 20 horas.
DepoEmprende na FP é unha das tres categorías nas que se divide o programa DepoEmprende para escolares. Unha iniciativa que busca fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento eliminando as barreiras que dificultan a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos, promover a cultura emprendedora no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista da súa propia aprendizaxe, cun traballo desde a práctica. Ao mesmo tempo, DepoEmprende tamén favorece o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación, á análise do entorno físico, á creación, á convivencia, ás expresións culturais, ás matemáticas e ciencias e á alfabetización dixital. Este ano participan nesta iniciativa un total de 25 centros educativos de 15 concellos da provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44