Domingo, 08 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 01 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP denuncia un Pleno de outubro "sen contido"

"Os plenos e os puntos a tratar nos mesmos convócaos e determínaos a Alcaldesa, NON a oposición" sinalan os polulares

“Nos últimos meses, o bigoberno MS-PSOE está centrado na oposición, lanzando diversos ataques hacia o noso grupo, iso si, sempre o fan a través das redes sociais ou en notas de prensa, en vez de gobernar para os veciños de Salceda. Cando o goberno fala máis da oposición que a oposición do goberno é sinal de que algo estamos a facer ben, e pola contra, mala cousa para os salcedenses” argumenta o voceiro do PP de Salceda.

 

“O, 26 de outubro asistimos ó pleno ordinario convocado pola Alcaldesa de Salceda, un pleno ao que o bigoberno salcedense se presenta sen contido, nós, pola contra presentamos múltiples rogos debido ás demandas veciñais, buscando sempre mellorar o noso Concello, e tamén moitas preguntas sobre cuestións que preocupan a veciñanza e que o grupo popular interpelou o bipartito, o mesmo cunha moción para a rebaixa do IBI (urbana), vendo polos bolsillos dos salcedenses, a cal o Psoe (contradecindose co que facía e decía fai escasos meses) votou en contra xunto co seu socio de goberno MS, polo que o recibo do ano 2020, subirá un 3%” argumentou Davila.

 

En canto o valeiro na parte resolutiva, os populares recordan que “tanto os plenos (hora e día) como os puntos a tratar nos mesmos son postos pola Sra. Alcaldesa, polo que si ela non propón puntos na convocatoria, a responsabilidade é súa e do seu equipo, pese a iso, nós si levamos temas a tratar neste pleno ordinario de outubro, porque Salceda ten moitas melloras polas que loitar” afirma o voceiro do PP.

 

 

 

 

O goberno MS-PSOE centrado na oposición, NON en gobernar

 

 

 

 

Namentres, “os grupos MS e PSOE apuntaron en prensa que o PP de Salceda atendían a fines exclusivamente económicos, debéronse olvidar que o noso Concello é, en relación a nº de habitantes e orzamento, o que máis custa de toda Galicia. Cada salcedense paga 27,54€ por manter o políticos do goberno local (250.000 € ano), os únicos que entraron en política por intereses económicos son eles aprobando 6 dedicacións entre parciais e exclusivas e cargo de confianza nun Concello como o noso. En vez de invertir parte dese diñeiro en obras e servizos para o noso municipio témolo que invertir en manter os políticos de MS e PSOE, outros municipios co dobre de poboación e orzamento, non teñen nin a metade de dedicacións que en Salceda (Tui 9,93 € veciño; O Porriño 15,23€ veciño…) e que quede claro, que desde o ano 2007 ata a actualidade o custe do goberno municipal incrementouse un 200%, UN MILLÓN de euros máis do que sería sensato” sinalou Santi Davila.

 

No transcurso do pleno, o goberno solicitou non cobrar a  asistencia, o grupo Popular aceptou non cobrala, “sempre que o concelleiro de vías e obras, Miguel González (único que non ten adicación) renuncie a cobrar 420 € por presidir duas comisións podendo presidilas outro compañeiro de goberno, supoñendo cero euros ás arcas públicas” propuxo o grupo maioritario da Corporación, “para eles todo vale, para os demáis (según eles) non!. Tristemente seguimos ca mesma política dos últimos 12 anos, con medias verdades, que son unha gran mentira e manipulación” remata Rguez. Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.