Miércoles, 28 de Enero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 28 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva: “unha vez máis defendemos a autonomía local”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, remitiu hoxe unha carta ao presidente do Parlamento galego, Miguel Santalices, na que lle recorda “que as administracións locais non están supeditadas a ningunha outra administración, e que é a propia Constitución a que establece o principio de autonomía local que debe ser respectado por todas as administracións”

 

Por elo, Silva informa que o orzamento da Deputación de Pontevedra se presentará “no órgano ante o que hai que presentarllo que é o pleno provincial, onde se defenderán os seus criterios e os seus contidos, e no que a oposición terá a posibilidade, como ten que ser, de presentar as súas alternativas e posicionamentos”.

 

Na carta a Santalices, Carmela Silva reiterou a súa plena disposición a sentarse co presidente da Xunta de Galicia “para falar de todas aquelas cuestións que permitirían o avance social, político, cultural e económico da provincia de Pontevedra, e para establecer todos aqueles mecanismos, instrumentos, proxectos e propostas en aras de manter a colaboración interinstitucional”. A presidenta da Deputación insistiu en que “precisamente trátase disto, colaboración interinstitucional e non de que as administracións locais, neste caso as Deputacións provinciais, teñan que ir á administración autonómica a dar conta do que recollen os seus orzamentos para a transformación dos ámbitos políticos nos que teñen competencias”.

 

En todo caso, Silva sinalou tamén que o orzamento da Deputación se remitirá ao órgano autonómico competente tal e como así se sinala nas normas legais. A presidenta provincial dixo que “non podemos continuar a asumir que somos administracións dependentes  das Comunidades Autónomas o do Estado, porque non o somos. Ao igual que o presidente da Xunta non ten que vir ao pleno da Deputación a presentar os orzamentos que se van a destinar á provincia de Pontevedra e os presenta no pleno do Parlamento Galego, a presidenta da Deputación presenta os seus no pleno provincial. Parece que este debería ser o modus operandi”.

 

“Desde logo, dixo Silva, non imos a ser cómplices de seguir a profundar nesa dependencia da administración local que parece que pretenden algunhas comunidades autónomas. Iso vai en contra do que establece a Constitución, os Estatutos de Autonomía e as normas polas que se establecen relacións de igual a igual no conxunto das administracións públicas”. “É máis, engadiu a presidenta, o propio Consello de Estado, noutro ámbito de análise, sinalou con todas claridade que as entidades locais non teñen a obriga de dar conta das decisións que toman no seu ámbito de competencia a ningunha comunidade autónoma, e tamén sinalou que as administracións autonómicas non poder impor ás entidades locais a comparecencia e participación nos seus órganos cando estes non teñen que ver directamente con competencias da administración autonómica”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.