Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:23:43 horas

Xornal21.es
Sábado, 02 de Noviembre de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

COGAMI inicia un curso de expendedor de combustible en Tui

O curso, con duración de 100 horas, é unha das accións que desenvolve COGAMI dentro do programa de inclusión sociolaboral Máis Emprego que financia o Fondo Social Europeo e Fundación Bancaria “la Caixa”

As instalacións do Centro Sociocomunitario de Tui acollen un curso de Expendedor de combustible que imparte a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) e no que participan 15 persoas, todas elas con discapacidade ou incapacidade laboral.

 

O obxectivo deste curso é capacitar ao alumnado para que preste todos os servizos de gasolina, automoción e tenda, aplicando as normas básicas e específicas de seguridade para estacións de servizos e respectando a normativa medioambiental e de seguridade vixente.

 

Esta formación, que rematará o 27 de novembro, conta cunha duración de 100 horas divididas en 60 teóricas e 40 prácticas en empresas do sector, e estase impartindo en horario de 9 a 14 horas de luns a venres. A temática que terán que asimilar comprende dende a instalación de estacións de servizo de gasolina, a atención ao cliente, o servizo de tenda, operación de caixa e prevención de riscos laborais.

 

O alumnado, que procede na súa maioría da comarca do Baixo Miño, ademais de Nigrán, Gondomar, Salvaterra e Baiona, participa neste curso porque quere reorientar a súa vida profesional e capacitarse para o que pode ser un novo posto de traballo, xa que agora mesmo, están en situación de desemprego.

 

Esta acción formativa forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Fundación Bancaria “la Caixa” e o Fondo Social Europeo, programa que se desenvolve nas comarcas de O Salnés, Pontevedra e Vigo, co fin de dotar de competencias necesarias ás persoas con discapacidade de cara á inserción laboral.

 

Máis Emprego proporciónalle ao alumnado destrezas profesionais que lle permiten un rendemento competitivo no mercado laboral ademais de desenvolver habilidades persoais para a súa participación social.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.