Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 30 de Octubre de 2019 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ferida en Ponteareas nunha caída por un desnivel

Unha muller precisou asistencia médica despois de saírse da vía e finalizar envorcado o turismo no que circulaba ao caer por un desnivel duns dez metros a un río.

 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a muller foi rescatada polo GES e Bombeiros de Ponteareas, sen que fose necesario empregar o material de excarceración.

 

Ocorreu no punto quilométrico 8 da EP-2703, ao fío das 23:35 horas da pasada noite.

 

Foi a propia muller implicada no sinistro quen alertou do accidente ao 112 Galicia e, nada máis ter constancia dos feitos, os axentes do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES e Bombeiros de Ponteareas, dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ponteareas.

 

Finalmente, a persoa accidentada foi trasladada a un centro médico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.