SALVATERRA DE MIÑO
O BNG alerta que "o Concello de Salvaterra está en risco financeiro"
O BNG de Salvaterra de Miño, a través do seu Portavoz Municipal, Xosé Antón Outeiro, informa á veciñanza “da situación financeira de risco na que se atopa a localidade”. O Bloque salienta que “o goberno do PP de Marta Valcárcel viuse na obriga de convocar un pleno extraordinario urxente, xa que a Administración Xeral do Estado obrigounos a agrupar os tres préstamos que aínda estamos a pagar polo Instituto de Crédito Oficial (ICO), cun importe próximo a 1.300.000 €.”
Dende o BNG lembran que “este tipo de intervención do Estado nos Concellos só vai destinada a aqueles que están nunha situación financeira de risco, o que demostra unha vez máis que o BNG tiña razón”. Asemade, segundo indican os nacionalistas, “esta intervención obriga a actualizar o Plan Económico Financeiro que está en vigor, dado que o concello segue sen cumprir os parámetros fiscais que nel se recollen.”
Para o Bloque, “outra proba da incompetencia de xestión do Partido Popular quedou demostrada cando nese mesmo pleno advertimos que a Conta Xeral 2018 xa tiña que vir a pleno antes do 1 de outubro , e que aínda estaban sen entregar á Comisión Especial de Contas da corporación onde estamos a oposición. Dende o BNG aseguran que “esta demora por parte do Partido Popular na entrega das contas ao Consello de Contas e ao Tribunal de Contas pon en perigo a adquisición de subvencións dende a Xunta, mesmo cando xa se lles está a advertir nestes últimos anos”.
“Aos tres días da celebración do Pleno, tras a indicación do BNG, o Concelleiro de Facenda, Manuel Andrés Acuña, notifica que a conta xeral 2018 está posta a disposición da Comisión”, indican os nacionalistas.
O endebedamento supera os 7 millóns de euros, máis de 700€ por veciña
Analisada a Conta Xeral 2018, onde se determina a situación financeira do concello a 31/12/2018, o BNG destaca que “amosa un endebedamento per cápita que sobrepasou os 700€, a pesares de que a poboación do concello superou os 10.000 habitantes. O Pasivo Corrente, que suma todos os préstamos que estamos a pagar incluído os ICOs , subiu un 26%, situándose nos 3.875.581,67€”. Ademais, dende o Bloque indican que “o Pasivo non Corrente alcanza os 3.195.252,95€, que son facturas sen pagar nas que a media de pagamento chega case aos 100 días, incumprindo a lei de morosidade, xa que por Lei está establecido en 30 días.
En definitiva, os nacionalistas revelan que no peche das contas de 2018, o Concello de Salvaterra de Miño debía máis de 7 millóns de euros, “nada máis e nada menos que o equivalente a case o gasto total do orzamento de 2019”
O BNG denuncia que “o Partido Popular prívase de recadar os impostos necesarios para poder facer fronte á súa débeda aprobando modificacións fiscais sobre IBI, IAE e ICO para favorecer ás posibles empresas e multinacionais que nun futuro se instalen na Plisan, ao tempo que sigue a espremer ás veciñas e veciños coa suba do IBI das súas propiedades”
“Este goberno de Marta Valcárcel e o Partido Popular lévanos á ruína”, conclúe o Bloque Nacionalista Galego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136