MOS
A obra do vial perimetral de Santa Eulalia marcha a bo ritmo
Ata o de agora realizáronse os labores de excavación e explanación de terras
Os labores de acometida do novo vial de Santa Eulalia marchan a bo ritmo, como así puideron comprobar nunha visita a acaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente acalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e o arquitecto municipal, que supervisaron os traballos acompañados por representantes da Comunidade de Montes de Mos (que cedeu os terreos para poder construír o vial), da Fundación Pazo de Mos e da empresa constructora.
Para facer posible esta execución do Plan Especial de Infraestuturas do Vial no Núcleo da Rúa a CMVMC de Mos acordou ceder a favor do Concello de Mos de xeito gratuíto e con carácter indefinido unha superficie de 6.415,46 m2 que abarca as parcelas “Campo de Abaixo” e “Campo de Arriba”, limítrofes co Pazo de Mos.
Deste xeito o proxecto de construción deste vial en Santa Eulalia, núcleo de A Rúa, é posible grazas á cesión de terreos por parte da Comunidade de Montes de Mos e á financiación económica autonómica, cunha subvención de 281.413,68 euros da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Infraestruturas e Vivenda. O orzamento total da obra ascende a 469.022,80 euros.
Como xa se dixo, os traballos avanzan a un ritmo favorable e xa se atopan rematados os labores de excavación e explanación de terras, atopándose actualmente en execución a construción dos muros de contención, así como os seus drenaxes correspondentes e parte da senda peonil.
A continuación procederase á acometida dunha rotonda e posterior asfaltado e pintado da sinalización horizontal do vial, culminando a obra co remate da senda peonil.
A construción do vial perimetral permitirá eliminar o tráfico rodado da rúa empedrada que discorre polo lateral do Pazo (Camiño da Rúa), un camiño polo que pasan anualmente centos de peregrinos. O propósito é protexer ó entorno do Pazo, recuperando este vial para un uso peonil, evitando o deterioro da superficie empedrada. O proxecto propón unha alternativa viable, adaptada á topografía da parcela e ás condicións do lugar, que discorre polos terreos cedidos pola Comunidade de Montes en Man Común de Mos.
Unha vez rematado e operativo o novo vial de Santa Eulalia, A Rúa pasará a ser peonil con tránsito rodado só permitido para os residentes, para o que se instalará un sistema dotado de dous bolardos retráctiles de elevación e descenso automático no comezo e final do Camiño da Rúa, que só poderán activar os habitantes dese vial con mando a distancia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11