VIGO
O alcalde e Conxemar ven fundamental ampliar o IFEVI para competir con Barcelona
Logo dunha entrevista esta semana cos responsables de Conxemar, Abel Caballero confirmou que foi invitado e asistirá á reunión da xunta directiva do próximo día 13, co horizonte da ampliación do recinto feiral de cara á edición 2020 da Feira, que contará coa competencia da Seafood de Barcelona
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo este martes unha reunión co presidente e o secretario de Conxemar, José Luis e Constante Freire respectivamente, para abordar a ampliación do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) e contar con 5.000 m2 máis de superficie na feira do próximo ano.
En declaracións posteriores, tanto Freire como Caballero coincidiron en resaltar a importancia de poder contar con máis terreo para Conxemar 2020, ante a competencia que supón a celebración en Barcelona da Seafood -con maior superficie expositiva que o IFEVI- e evitando así que empresas interesadas en estar en Vigo non teñan espazo dispoñible. Para o alcalde, a ampliación é fundamental para a supervivencia e a competitividade da feira viguesa.
Abel Caballero explicou que o propio IFEVI está elaborando o proxecto básico da ampliación. Ao respecto dos trámites administrativos, que competen tanto ao Concello como a Xunta de Galicia, o alcalde anotou que foi invitado e aceptou participar na reunión do próximo día 13 de novembro da xunta directiva de Conxemar, cita á que os responsables da entidade invitarán tamén ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, segundo anunciaron.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.26